O orzamento de Política Social é "insuficiente" para combater a consolidación da desigualdade en Galicia

O orzamento de Política Social é "insuficiente" para combater a consolidación da desigualdade en Galicia

O orzamento de Política Social é “insuficiente” para combater a consolidación da desigualdade en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, criticou hoxe o “insuficiente” orzamento da Consellería de Política Social para o ano 2018. Na comparecencia do conselleiro na Comisión de Orzamentos, cualificou as contas para o próximo ano de “erradas” para “combater a consolidación da desigualdade en Galicia”.

Advertiu que as contas do goberno galego non acadan a combater os principais motivos desta desigualdade, que son a precariedade laboral, e o problema demográfico, que “lonxe de corrixirse increméntase a pasos axigantados”. Sinalou que “o problema –da caída dos nacementos- non son os bonos, é que a recuperación económica segue sen chegar a moitos fogares cos terceiros salarios máis baixos do Estado”.

Galicia contou entre xaneiro e marzo deste ano con 249 nacementos menos que no ano anterior, a cifra máis baixa en dúas décadas, mentres o goberno galego “só incrementa o orzamento para manter centros de atención á primeira infancia de entidades privadas.

Criticou que “faltan medidas para impulsar á natalidade e sobran argumentos para fomentar a emigración dos mozos e mozas”, coa “evidencia esmagadora do saldo neto negativo” dunha comunidade autónoma que pasou de recibir 17.000 persoas do exterior en 2008 a perder “uns cantos miles cada ano”.

Mentres, o goberno galego mantén os orzamentos para a xuventude 4 millóns de euros por debaixo dos que había en 2009, e utilizan a Lei de Acompañamento para modificar “pola porta de atrás” ata 9 artigos da Lei de Xuventude de Galicia. Desta forma, dixo, queren destruír a Rede Galega de información Xuvenil e “desnaturalizar as instalación xuvenís para meter no mesmo saco a outras que non están dirixidas a mozos e mozas”.

Criticou que “fúrtanlle o debate e as aportacións non só ao Parlamento, senón tamén ás entidades que representan á mocidade”, modificando esta Lei “sen consulta previa, sen transparencia e sen cumprir coas necesidades de xeracións que reclaman dende hai tempo máis participación na vida política e social”.

Risga

Noela Blanco salientou ademais que a suba da Risga “non é en absoluto algo positivo, é a confirmación dun fracaso social, político e económico que ten un custe para a calidade de vida de milleiros de persoas que teñen que recorrer a axudas sociais porque son incapaces de incorporalos ao mercado laboral”.

Criticou tamén a “insolidariedade” dun goberno que “non é unha frase feita, é unha evidencia dun orzamento que reduce as partidas de solidariedade ata os 8,4 millóns de euros e baixa de 2 millóns a 65.920 euros as partidas para inclusión de minorías étnicas. Finalmente, acusouno de incumprir a Lei de Accesibilidade ao continuar coas listas de agarda para valoración da discapacidade e “continúan sen aprobar o Plan de Accesibilidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar