Orozco pediu "que sexa un día plenamente democrático" e confía nunha ampla participación

Orozco pediu "que sexa un día plenamente democrático" e confía nunha ampla participación

Orozco pediu "que sexa un día plenamente democrático" e confía nunha ampla participación

O candidato do PSdeG e alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pediulle á sociedade galega "que sexa un día plenamente democrático, co cumprimento de todas as normas electorais nun país avanzado" e que conta con "moita experiencia democrática".

Orozco acudía á mesa da casa sindical para exercer o seu dereito a voto acompañado da súa familia, a súa muller e as súas dúas fillas, onde manifestou que afronta o día "con toda esperanza, con toda ilusión" e confiando en que se achegue moita xente ás urnas".

Sobre que as concentracións de Democracia Real Xa!, sinalou que non cre que atrasen o desenvolvemento da xornada. "A democracia está consolida. Eu falei con persoas que participan nesas manifestacións dicindo que ían ir a votar. Estou seguro que non minguase o feito de que a xente queira participar", confía.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar