Orgullo do Socialismo Galego polo nomeamento de Blanco como portavoz do Goberno central

Orgullo do Socialismo Galego polo nomeamento de Blanco como portavoz do Goberno central

Orgullo do Socialismo Galego polo nomeamento de Blanco como portavoz do Goberno central

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe o “orgullo do socialismo galego” tras facerse público o nomeamento de José Blanco como portavoz do Goberno central.

En declaracións á Cadena Ser, Vázquez salientou que os socialistas galegos “non podemos sentirnos menos que satisfeitos e orgullosos ao ver como Pepe Blanco acada un dos postos mais relevantes do Goberno central” e destacou que será “un gran portavoz” porque “é un home contundente, que explicará magníficamente as políticas que se van desenvolver”.

Salientou que “será moi bo para o socialismo, e singularmente para os socialistas galegos, que vemos como unha das nosas persoas clave está no punto estratéxico da política nacional”.

Preguntado respecto a si este nomeamento lle restará a José Blanco tempo para estar pendente do que ocorra en Galicia, Pachi Vázquez apuntou que “Pepe sempre está pendente do que ocorre en Galicia porque é un socialista galego, con maiúsculas o de socialista e con maiúsculas o de galego”.

“Non cabe dúbida de que este cargo lle vai ocupar máis tempo, pero a súa forza en España sempre vai ter unha repercusión positiva para fortalecer cada vez máis o socialismo galego”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar