Oportunidade de cambio para Galicia

Oportunidade de cambio para Galicia

Oportunidade de cambio para Galicia

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, visitou esta semana Galicia, onde fixo un chamado ás forzas do cambio para "aproveitar a oportunidade de poñer fin a un goberno de Mariano Rajoy". Dixo que 2016 "pode ser o ano do cambio en Moncloa e na Xunta de Galicia".

Sánchez enviou unha mensaxe dende Galicia ao líder de Podemos, a quen lle lembrou que "un día máis de Rajoy á fronte da Moncloa é un día máis que perdemos para loitar contra a pobreza enerxética ou para acabar coa pobreza infantil". Asegurou ademais compartir "a mesma ambición xeneracional" que Iglesias e Albert Rivera porque "hai moitísima xente moza que quere un goberno de cambio".

O líder socialista estivo acompañado polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, quen subliñou que "Pedro Sánchez será un presidente moito máis galego do que nunca foi Rajoy".

Axenda para Galicia
O líder do PSOE trasladou a tódolos galegos e galegas que "o Partido Socialista, se forma un Goberno para España, vai facer todo o posible para que Galicia teña o que merece".

A súa axenda para esta Comunidade Autónoma, explicou, inclúe "a revisión da prórroga da concesión de Ence, a aposta polos sectores lácteo e pesqueiro" e "a posta en marcha de todas aquelas medidas de emerxencia social para frear a pobreza e a desigualdade que están sufrindo moitísimos galegos e galegas".

jacobo

Deixar a resposta

Pechar