Oportuna neglixencia da conselleira de Traballo para evitar investigar as irregularidades nos cursos de formación

Oportuna neglixencia da conselleira de Traballo para evitar investigar as irregularidades nos cursos de formación

Oportuna neglixencia da conselleira de Traballo para evitar investigar as irregularidades nos cursos de formación

Marisol SoneiraA deputada socialista Marisol Soneira denunciou hoxe a oportuna e medida neglixencia da conselleira de Traballo, que renunciou a iniciar ningunha investigación interna nin apartou dos seus postos aos sospeitosos de trato de favor cos cursos de formación do seu departamento. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na comisión de Traballo do Parlamento.

Soneira criticou que a conselleira non fixera “nada”, logo de coñecer a denuncia presentada por dúas traballadoras e presentar unha denuncia propia a finais de outono de 2011 ata a dimisión do secretario xeral de Traballo, Odilo Martiñá, a finais de setembro de 2014. Censurou o desleixo da conselleira para evitar investigar e apartar do seu traballo a persoas investigadas na Operación Zeta por presunto trato de favor.

A deputada socialista lembrou as “contradicións” do goberno galego, que ao anunciar as súas sospeitas cara á concesión destas axudas “seguiron dando subvencións ás mesmas persoas e entidades como si non pasara nada”. Criticou que o goberno asegure agora que renunciaron a iniciar a investigación “por falla de competencias e para non colisionar coa xustiza”, en “clara contraposición coa súa actuación diante da denominada trama agraria”.

Lembrou que naquel outro caso tardaron “menos de 24 horas en iniciar unha investigación ao tempo que denunciaban no xulgado e negaban as axudas a unha entidade que se demostrou vítima dunha estratexia de difamación por parte do conselleiro de vicepresidencia e secretario xeral do PP galego”.

Vacilarnos

Marisol Soneira advertiu que “a realidade é que veñen a vacilar o dereito dos deputados e deputadas a recibir información do goberno”, e sinalou que “canto mais escoitamos mais sospeitas nos levantan”. Replicoulle así ao goberno logo da súa negativa a explicar os resultados dunha suposta investigación interna e a presentar no Parlamento a demanda presentada nos xulgados contra os responsables desta trama.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar