Oponse frontalmente aos recortes xudiciais do PP que pretende deixar a Ourense só con dous xulgados

Oponse frontalmente aos recortes xudiciais do PP que pretende deixar a Ourense só con dous xulgados

Oponse frontalmente aos recortes xudiciais do PP que pretende deixar a Ourense só con dous xulgados

Seara explicou que o Partido Popular aposta por encarecer as taxas e eliminar xulgados, un modelo que é un “disparate” que limita o acceso da cidadanía á Xustiza, xa que a Xustiza sería só para os que a poden pagar e viven nas cidades

Esixiu a Feijóo que se posicione ante estos recortes polos que Galicia pasa de ter 45 a 13 xulgados, “uns recortes que non son máis que unha decisión política que non responde aos intereses da cidadanía”

Lembrou que “a Xustiza non é só cousa dos xuíces” e pediu que aproben a lei que o Goberno anterior deixou redactada, que non toca as plantas xudiciais, pon dous xuíces en cada xulgado e moderniza os medios

A deputada e secretaria de Coordinación e Participación Institucional do PSdeG, Laura Seara, manifestou a oposición frontal dos socialistas aos recortes xudiciais previstos polo Partido Popular que deixarán a provincia de Ourense con só 2 xulgados e constitúen un gravísimo ataque ao Estado de Dereito.

Seara explicou que o Partido Popular aposta por encarecer as taxas e eliminar xulgados, un modelo que é un “disparate” que limita o acceso da cidadanía á Xustiza, xa que a Xustiza sería só para os que a poden pagar e viven nas cidades.

A deputada lembrou que a Xustiza non é só cousa dos xuíces, e que o Partido Popular está utilizando para esta reforma un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial que só recolle os intereses dos xuíces e que non ten valor xurídico ningún.

De feito, Seara pediu que aproben a lei que o Goberno anterior deixou redactada, que non toca as plantas xudiciais, pon dous xuíces en cada xulgado e moderniza os medios.

Os socialistas consideran que Ourense non se pode quedar só con dous xulgados, e non se poden utilizar criterios económicos e territoriais como os que pretende usar o PP para facer unha reforma de tal calado.

Seara afirmou que a suba das taxas ten un afán recadatorio, e que con taxas tan elevadas a xente deixará de reclamar os seus dereitos. Así, apuntou como exemplo que nos procedementos civís ordinarios, por reclamar unha débeda de 6.000 euros a taxa sería de 300 euros, nos procedementos laborais por recurrir unha sentenza a taxa sería de 500 euros, e por recurrir unha multa de tráfico a taxa sería de 200 euros,

Na provincia de Ourense, que ten as pensións máis baixas de España, tería como consecuencia que un veciño de Entrimo que quixera reclamar por unha neglixencia médica tería que desplazarse ata Ourense e pagar unha taxa de 350 euros.

Seara recordou que a Xustiza é un elemento esencial da democracia, e nunha comunidade como Galicia cos súas peculiaridades de dispersión xeográfica, envellecemento da poboación e rendas baixas, estos recortes son unha barbaridade.

Así, pediu ao Partido Popular de Galicia e a Feijóo que, igual que outros presidentes de comunidades autónomas gobernadas polo PP, se posicionen e valoren de forma clara estos recortes polos que Galicia pasa de ter 45 a 13 xulgados, e Ourense de 9 a 2, “uns recortes que non son máis que unha decisión política que non responde aos intereses da cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar