Opoñémonos ao teito de gasto porque reflicte un modelo "conservador" e "desequilibrado socialmente"

Opoñémonos ao teito de gasto porque reflicte un modelo "conservador" e "desequilibrado socialmente"

Opoñémonos ao teito de gasto porque reflicte un modelo “conservador” e “desequilibrado socialmente”

O portavoz parlamentario do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, trasladou esta mañá a posición contraria ao teito de gasto para Galicia por supoñer “voar cun só motor en vez de voar con dous motores”, xa que o crecemento macroeconomico non se traslada ás familias nun modelo “desequilibrado socialmente”, dixo. A pesar de estar dacordo na aposta pola estabilidade orzamentaria, o socialista considera que na parte de estimación de ingresos “falta ambición e sobra conformismo” por parte da Xunta. “O seu único proxecto segue sendo o do axuste, conservador e pouco ambicioso, indo incluso máis aló dos compromisos con Europa e co Estado”, reprochoulle ao conselleiro de Facenda.

 

“Necesitamos unha fiscalidade distinta, que se aproxime á dos países nórdicos para facer unha política diferente, unha reforma fiscal seria, pero no marco actual cabe facer algo máis”, afirmou Leiceaga, que pediu gasto social para apoiar ás familias e reducir a pobreza infantil, os centros de día, a sanidade pública, a formación de capital humano ou a investigación e desarrollo. “Queremos un crecemento sano”, apuntou. Leiceaga criticou a “anémica” creación emprego e a baixa calidade do que se crea, moi por debaixo da media española “como vén ocorrendo desde 2009”, o que supón unha dificultades para crear riqueza.

 

O socialista apuntou que está ben apostar pola exportación pero no plano interno o crecemento non chega ao consumo privado das familias e ao gasto público. “Hai que afirmar a creación emprego, subir salarios e trasladar o crecemento ao nivel de vida e a capacidade de consumo para que sexa máis estable, porque mentres as empresas do IBEX crecen a máis do 22% o incremento salarial é do 1%”, exemplificou.

 

 

“Opoñémonos ao teito de gasto porque cumpren a estabilidade pero Europa tamén pide que adoptemos medidas para fomentar o emprego a tempo indefinido, para mellorar o apoio ás familias ou para ter un nivel adecuado de gasto en investigación. Somos só a metade de europeos e queremos ser europeos completos, nos ingresos e tamén nos gastos”, concluiú.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar