Opacidade na contratación da calefacción dos centros educativos

Opacidade na contratación da calefacción dos centros educativos

Opacidade na contratación da calefacción dos centros educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, advertiu hoxe da “opacidade” demostrada pola Consellería de Educación na contratación da subministración de gasóleo para calefacción dos centros educativos de Galicia. O responsable socialista presentou unha serie de iniciativas sobre esta actuación “dunha eficiencia cando menos cuestionable”, por canto os centros poden atopar ofertas máis baratas pero non as poden contratar.

Advirte que o goberno galego decidiu distribuír o subministro de gasóleo en 70 lotes nos que reparte tódolos centros de Galicia, aos que obriga a contratar o gasóleo cunha determinada empresa a un prezo prefixado. O que en principio resulta “coherente coas obrigas adquiridas coas empresas adxudicatarias” en realidade tradúcese en impedirlle aos centros contratar o subministro a un prezo inferior ao estipulado no contrato.

Álvarez sinala que o procedemento escollido pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería é o negociado sen publicidade para acordar os lotes fraccionados, logo de ter declarado deserto un contrato de subministro único que anunciaron ao comezo. O novo procedemento concrétase en que é o goberno quen invita a participar ás tres empresas que considera pertinentes sen informar publicamente nin publicar o contrato no DOG.

O parlamentario socialista sinala que este proceso “supón un sobrecuste na adquisición deste subministro, quebrando de forma notoria o principio, non só de aforro, senón de eficiencia económica”, e por iso ofrécelle a oportunidade ao goberno galego de expoñer en sede parlamentaria os motivos e os resultados desta contratación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar