Oferta de emprego público para repoñer as prazas de profesorado no ensino galego

Oferta de emprego público para repoñer as prazas de profesorado no ensino galego

Oferta de emprego público para repoñer as prazas de profesorado no ensino galego

Docasar Pleno3O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, presentou hoxe unha moción no Pleno do Parlamento na que reclamou a recuperación do investimento no ensino público galego para recuperar o nivel do ano 2009, cando chegou Feijóo ao goberno galego. O responsable socialista propuxo a reposición das prazas de profesorado eliminadas “nos anos do austericidio de Feijóo”.

Docasar lamentou o veto do PP a unha proposta dirixida a restaurar a situación orixinal do ensino público garantindo a equidade do ensino público, universal e gratuíto. O responsable socialista instou ao goberno galego a abrir o diálogo cos sindicatos na Mesa Sectorial de Educación para convocar unha “potente oferta de emprego público docente” para repoñer as prazas perdidas.

O portavoz de Educación do Grupo Socialista presentou, a través desta moción, un decálogo de propostas “viables, sensatas e que poden cumprirse” para “mellorar as condicións dos nosos colexios e institutos e recuperar de paso as condicións laborais e salariais que lle foron arrebatadas aos profesionais da educación”.

Instou así a establecer un “cronograma concreto e pactado coas forzas sindicais” para repoñer as condicións laborais e profesionais arrebatadas durante a crise”, así como “ralentizar o calendario de implantación da Lomce e comunicar aos centros educativos unha moratoria para entregar as novas programacións didácticas”.

Reclamou tamén “rematar co caos na xestión dos libros de texto e garantir que ningún neno ou nena de ensino obrigatorio de Galicia vaia a clase sen libros de texto ou material escolar”. Ademais, propón entregarlle aos centros que implantaron a FP Básica os recursos necesarios para impartila con dignidade, garantindo ademais aos seus estudantes a posibilidade de acceder á titulación da ESO ao remate do curso en 2016.

Vicente Docasar instou a garantir o acceso do Bacharelato Internacional tamén aos estudantes das provincias de Lugo e Ourense, as únicas provincias nas que hoxe non hai ningún centro de ofreza esta modalidade de estudo.

Fenda dixital

Outra das medidas postas enriba da mesa polo deputado socialista céntrase na elaboración dun listado de centros educativos en toda Galicia coa velocidade real de acceso a internet, e “elaborar un plan para corrixir a desigualdade que existe entre uns centros e outros”.

Propuxo ademais elaborar un plan de RAM –Reparación, Adquisición e Mellora- para abordar as obras que quedaron sen atender nos centros educativos durante os anos da crise. Finalmente, solicita un plan de reposición de material didáctico “para repoñer fundamentalmente os equipamentos informáticos e de formación profesional que quedaron obsoletos durante a crise”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Maria Dolores Vieiro Núñez
    Outubro 30, 2015 a 11:23

    Gracias , Vicente. Tu siempre en defensa de la educación publica. Un abrazo

Deixar a resposta

Pechar