Ofensiva socialista para "deter a hipocresía do PP" coa supresión dos partidos xudiciais

Ofensiva socialista para "deter a hipocresía do PP" coa supresión dos partidos xudiciais

Ofensiva socialista para "deter a hipocresía do PP" coa supresión dos partidos xudiciais

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, anunciou hoxe unha ofensiva dos socialistas galegos dende o Parlamento e os concellos para “deter a hipocresía do PP coa supresión dos partidos xudiciais”. Os socialistas presentaron 80 iniciativas parlamentarias, ademais de mocións en tódolos concellos, para “quitarlle a careta ao PP e a Feijóo” que agora protesta contra a reforma logo de “non ter feito nada nos dous anos que levamos de debate”.

Gallego sinala que malia as declaracións da dirección do PP galego supostamente en contra da supresión dos 41 partidos xudiciais de Galicia para reducilos a catro nas capitais de provincia, a realidade é que “Feijóo e o PP apoiarán a reforma de Gallardón” como fixeron coa reforma da administración local. Dixo que as mostras da “dobre vara de medir” do PP augura que “van facer o mesmo” coa desaparición dos xulgados.

Os socialistas galegos solicitaron a comparecencia do presidente da Xunta e do conselleiro de Presidencia, ademais dunha interpelación e unha proposición non de Lei sobre este tema. Ademais, presentaron 41 proposicións non de Lei e outras tantas preguntas escritas para facer que o PP se posicione sobre cada un dos partidos xudiciais que queren facer desaparecer.

Esta batería de iniciativas parlamentarias irá acompañada de mocións en cada un dos concellos galegos que van ver cómo o PP lles quita os xulgados asignados para centralizalos nas capitais provinciais. Gallego acusou a Feijóo de amparar unha reforma que provoca a indefensión da cidadanía por motivos económicos, entorpecendo o acceso á xustiza primeiro a través de taxas e agora quitándolles os xulgados.

Explicou que “a partir de hoxe haberá un deputado ou deputada autonómica en cada partido xudicial trasladando a oposición radical dos socialistas galegos a esta norma”. Dixo que “cada vez que se impide o acceso da cidadanía aos servizos públicos estase deteriorando a democracia e as nosas institucións” e chamou a “impedir que o PP utilice a escusa da crise económica para desmantelar o acceso á xustiza, mercantilizando os servizos públicos”.

A deputada socialista criticou unha reforma “discriminatoria en función dos ingresos e agora tamén do lugar de residencia”, furtándolle o dereito do acceso á xustiza aos cidadáns cunha modificación de tal calado que chega mesmo a afectar á economía dos concellos nos que se asentan os partidos xudiciais. Advertiu que en lugar de fixar poboación, esta norma “contribúe a despoboar o interior de Galicia quitándolle servizos”.

Carmen Gallego engadiu que “queremos deixar claro que esta non é a nosa reforma nin om foi nunca, por moito que o PP queira facernos aos socialistas responsables mesmo da morte de Manolete”.

Tribunais de instancia

Neste sentido, o deputado socialista e ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño desmentiu que esta reforma derive da proposta de creación dos tribunais de instancia por parte do goberno de Zapatero. Caamaño acusou ao PP, e nomeadamente á súa portavoz, a deputada Paula Prado, de xerar confusión interesadamente, e recomendoulles “ler mais e falar menos por teléfono”.

Explicou que a iniciativa socialista unificaba os xulgados dentro dos partidos xudiciais para axilizar os procesos e facilitarlle os trámites á cidadanía, mentres que a reforma de Gallardón elimina eses partidos para unir a tódolos xuíces nas capitais de provincia, obrigando á cidadanía e a tódolos servizos que acompañan aos xulgados a desprazarse.

Francisco Caamaño acusou ao actual ministro de Xustiza de poñer a xustiza ao día disuadindo á cidadanía de recorrer aos xulgados, primeiro impoñendo as taxas xudiciais e agora directamente retirándolles os xulgados de tódalas vilas ou cidades. Ademais, acusouno de atender ás “presións da dereita xudicial que queren ser maxistrados – xuíces nas principais cidades antes de exercer como xuíces nos pobos”.

Como secretario provincial do PSdeG de A Coruña, Caamaño anunciou que ademais da presentación das iniciativas parlamentarias e das mocións en tódolos concellos da provincial os socialistas iniciarán unha campaña de recollida de sinaturas en contra da desaparición dos partidos xudiciais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar