Ofensiva parlamentaria pola recuperación do emprego público perdido

Ofensiva parlamentaria pola recuperación do emprego público perdido

Ofensiva parlamentaria pola recuperación do emprego público perdido

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, anunciou hoxe unha ofensiva parlamentaria para recuperar o emprego público perdido nun prazo de catro anos. O responsable socialista mantivo un encontro cos representantes de Emprego e da Área Institucional do sindicato CC.OO. – Galicia para abordar as iniciativas parlamentarias neste sentido.

O parlamentario socialista comprometeuse a defender, tanto no debate de Orzamentos como nas emendas presentadas á Lei de Acompañamento da Xunta, a recuperación das taxas de emprego público perdido, como vía imprescindible para recuperar a calidade dos servizos públicos.

Díaz Villoslada reclamará a apertura dunha Mesa de Negociación de Emprego Público que permita planificar e consensuar as medidas que deben ser postas en marcha durante os próximos catro anos. Chamou a recuperar as prazas de emprego público destruídas nos últimos oito anos coa escusa da crise, partindo dos 3.500 traballadores de sanidade e 2.500 de ensino non universitario.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar