Ofensiva parlamentaria contra o novo macroconcurso de limpeza convocado pola Xunta

Ofensiva parlamentaria contra o novo macroconcurso de limpeza convocado pola Xunta

Ofensiva parlamentaria contra o novo macroconcurso de limpeza convocado pola Xunta

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, anunciou hoxe unha ofensiva de iniciativas parlamentarias fronte ao novo macroconcurso de servizos de limpeza convocado pola Xunta a finais de xullo. Así o confirmou logo dun encontro cos presidentes das asociacións de empresarios de limpeza de Galicia, prexudicados porque non poden concorrer a unha convocatoria desta magnitude.

Díaz Villoslada considera “impresentable” que logo de que a Consellería de Presidencia renunciara o pasado 9 de xuño á subscrición dun macroconcurso de limpeza por 45 millóns de euros, a finais de xullo convocara un novo contrato de limpeza dos edificios administrativos dividido en un lote de 30 millóns de euros, outro de 373.000 e un terceiro de 242.000 euros.

Advirte que o lote máis grande afecta á limpeza de 248.718 metros cadrados e máis de 250 traballadores en 13 localidades, o segundo afectaría a 37.000 metros e 16 traballadores e o último deles 15.274 metros cadrados e 7 traballadores.

Díaz Villoslada lembra a obriga derivada das directivas comunitarias e da propia lexislación autonómica para que o goberno garanta a libre competencia e oportunidades económicas e laborais de todo o sector, incluíndo ás empresas máis modestas e non só ás grandes corporacións, como parece ser a intención da Consellería de Presidencia.

Advirte que en Galicia hai actualmente máis de 900 empresas encargadas do servizo de limpeza, que dan ocupación a en torno a 20.000 traballadores, a inmensa maioría deles mulleres.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar