Ofensiva parlamentaria para frear a reforma da Lei de Saúde

Ofensiva parlamentaria para frear a reforma da Lei de Saúde

Ofensiva parlamentaria para frear a reforma da Lei de Saúde

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, visitou hoxe o Hospital do Salnés para dar comezo a unha “ofensiva parlamentaria ao máximo nivel” para reclamar a paralización da reforma da Lei de Saúde que suporá a desaparición desta área sanitaria xunto coas de Lemos, A Mariña e Valdeorras.

O responsable socialista anunciou que a Deputación Permanente que se celebrará mañá no Parlamento debaterá a proposta socialista para frear o recorte na autonomías destas áreas e que será a primeira dunha serie de iniciativas dirixidas a “facer rectificar ao PP”. Rodeouse dos alcaldes e portavoces socialistas da comarca para constatar “o apoio institucional e social” contra unha reforma coa que o PP “pinchou en óso”.

Fernández Leiceaga presentou este “acto de afirmación política” nas portas do mesmo Hospital en contra desta “pauta” imposta polo goberno galego coa que “reducen servizos, iso tradúcese nunha perda de autonomía no plano organizativo que acaba provocando pretextos para seguir reducindo servizos no futuro”.

Acusou ao PP de intentar de facer que a redución de servizos “pasara desapercibida, pero non vai ser así”, como reflicten as máis de 1.500 alegacións presentadas a un anteproxecto de Lei presentado en pleno mes de agosto, un número “sen parangón”, que evidencia unha “preocupación real na sociedade”.

Os socialistas galegos reclamaron unha sanidade pública “de calidade, que teñan no Salnés, e en tódalas áreas sanitarias afectadas pola reorganización promovida pola Xunta co apoio do PP, un nivel de servizos equivalente a calquera outra área sanitaria”. Advertiu que “non ten sentido este recorte cando estamos saíndo da crise”, cando “o normal sería que os servizos públicos se viran reforzados e non recortados”.

Ambulatorio

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, interveu en nome dos representantes institucionais do PSdeG na comarca para advertir que “non vamos permitir que a través deste decreto a Xunta converta o Hospital do Salnés nun gran ambulatorio”. Criticou que “recorten cada vez máis especialidades, privando de autonomía ao Hospital e producindo un menoscabo na calidade asistencial dos cidadáns de toda a comarca”.

Varela asistiu a este encontro no que tamén estiveron o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Julio Torrado, os alcaldes de Cambados e A Illa de Arousa, Fátima Abal e Carlos Iglesias, o portavoz de Vilanova e deputado provincial, Javier Dios, así como diversos concelleiros socialistas dos concellos afectados.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar