Ocultación escandalosa e ilegal do "regalo" de 18 millóns de euros á CEG pola Xunta

Ocultación escandalosa e ilegal do "regalo" de 18 millóns de euros á CEG pola Xunta

Abel Losada censura que o goberno agoche este convenio xunto cos convenios do Sergas co narcotraficante Marcial Dorado e os encontros de Feijóo co empresario imputado Jorge Dorribo.

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe a “ocultación escandalosa e ilegal” por parte da Xunta do convenio asinado coa Confederación de Empresarios de Galicia por importe de 18 millóns de euros en 2010 supostamente para desmantelar o sistema de plataformas exteriores do Igape.

Losada criticou a negativa do PP a unha iniciativa socialista debatida hoxe en Comisión para reclamarlle ao goberno galego que cumpra a Lei e entregue a documentación requirida polos grupos parlamentarios. Lembrou que o dito convenio foi asinado como resultado dunha “decisión discrecional pola que non se deu ningunha explicación, e non se subministrou ningunha información”.

O responsable socialista concluíu que o convenio foi en realidade “un regalo á CEG por parte dun conselleiro que tamén era empresario”, en alusión ao ex conselleiro Javier Guerra. A cambio, lembrou, o PP acadou o apoio entusiasta en época electoral do daquela presidente da patronal, a quen lle sinalou que “queda pouco elegante apoiar a Feijóo con 18 millóns de euros no peto... metaforicamente falando”.

Ademais, sinalou que os datos negativos revelan que o dito convenio segue a estar inxustificado, xa que entre xaneiro e marzo de 2014 o saldo comercial con Galicia reduciuse nun 25 por cento, si ben “segue a ser positivo dende a década dos 70 porque facemos coches e facemos roupa”. Sen embargo, explicou, as exportacións están a reducirse e as importacións crecen.

Engano

O deputado socialista acusou ao PP e ao goberno galego de “tentar de enganarnos a todos” cando o actual conselleiro de Economía e Industria “fixo ademán ostentoso de entregarlle o convenio á presidenta do Parlamento, cando en realidade o único que entregaba era a ampliación do contrato, por dous millóns de euros, mentres mantén agochado o contrato orixinal.

Losada ironizou co feito de que o goberno galego escondidos nun “cuarto escuro” estes documentos, xunto cos contratos asinados polas empresas do narcotraficante Marcial Dorado co Sergas cando Feijóo era o máximo responsable do organismo. Idéntico destino seguen a “luz e taquígrafos” das que presumía o presidente da Xunta dos seus encontros con Jorge Dorribo, empresario imputado por prevaricación na Operación Campeón.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar