O veto do PP aos contratos homologados no sector vitícola aboca á extinción aos profesionais galegos

O veto do PP aos contratos homologados no sector vitícola aboca á extinción aos profesionais galegos

O veto do PP aos contratos homologados no sector vitícola aboca á extinción aos profesionais galegos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu hoxe que o veto do PP a implantar contratos homologados na compra – venda de uva para as denominacións de orixe deixa aos profesionais do sector “abocados á extinción”. O responsable socialista salientou a “indefensión” que provoca esta situación no colectivo fronte ás adegas e os competidores externos.

A política do PP e do goberno galego, explicou, fai “practicamente imposible a subsistencia” dos viticultores mentres defende que as adegas compren a uva por debaixo do custe de produción mentres desenvolven as súas plantacións propias. A realidade, explicou, é que en canto os viñedos das adegas teñan suficiente produción deixarán de comprar uva e polo tanto conseguirán “extinguir a figura do viticultor profesional”.

Censurou a “conivencia” do goberno galego coas adegas para “defender os intereses duns poucos amigos propietarios”. Reclamoulle ao goberno galego que en lugar de buscar a caída do prezo da uva “se preocupen de apoiar ás denominacións de orixe” para mellorar a comercialización, buscar mercado de saída dos excedentes de produción vitícola e manter así os prezos.

García sinalou que co voto en contra do PP “demostran a súa verdadeira faciana para defender aos seus amigos” e “evidencian que os seus anuncios en defensa dos viticultores agochaban unha gran mentira cando en realidade favorecen e incentivan aos adegueiros”.

Os socialistas reclamaran hoxe tamén que a Xunta promova que os órganos de goberno dos consellos reguladores adopten as medidas necesarias co fin de axustar o rendemento permitido por hectárea á produción real. Ademais, propoñía impulsar mecanismos de protección dos viticultores profesionais a través de axudas do goberno para a promoción en países terceiros e para investimentos en transformación e comercialización de uva.

O deputado socialista presentou esta iniciativa en resposta ás dificultades dos viticultores de moitas das denominacións de orixe para vender a súa produción nas últimas campañas logo da negativa das adegas a recoller a uva producida “enmascarando unha baixada de prezos e rachando cos acordos económicos” no sector.

García sinala a importancia de defender un modelo de produción tradicional nun dos sectores agrarios mais importantes do país tanto pola superficie ocupada como pola contribución en termos económicos e de emprego e pola fixación de poboación no medio rural.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar