O veto do PP aboca ao fracaso á aprendizaxe de linguas estranxeiras

O veto do PP aboca ao fracaso á aprendizaxe de linguas estranxeiras

O veto do PP aboca ao fracaso á aprendizaxe de linguas estranxeiras

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, presentou, no Pleno do Parlamento de hoxe, unha moción cunha batería de 12 medidas para impulsar a aprendizaxe de linguas estranxeiras. A iniciativa foi vetada polo PP que, segundo Docasar, aboca ao sistema educativo galego ao “fracaso sistemático ” na aprendizaxe de linguas estranxeiras.

Docasar propuxo centrar esforzos en superar as eivas na aprendizaxe de linguas estranxeiras, que continúa a ser insuficiente malia unha tímida mellora insuficiente nos últimos anos. O responsable socialista apostou por un acordo para impulsar o ensino en linguas estranxeiras e garantir que a xuventude galega “domine unha primeira lingua estranxeira e a lo menos acade un bo nivel tamén nunha segunda”.

O responsable socialista desafiou ao PP a explicar “qué medida concreta das 12 que hoxe propuxemos non lles gusta” e que motivou o “ninguneo dunha iniciativa socialista en positivo”. Os socialistas reclamaron actualizar os currículos do sistema educativo, “priorizando ademais a expresión e comprensión oral e ampliando o número de horas lectivas”.

Propuxo un “profundo cambio metodolóxico e de actitudes” centrado en impulsar as destrezas comunicativas, xunto coa incorporación das novas tecnoloxías da información e da comunicación para implantar aulas multimedia. Propuxo potenciar a inmersión lingüística “real”, reducir o número de alumnos por aula e ampliar os centros con bacharelato internacional e as bolsas de estudos no estranxeiro.

Tamén reclamou a reciclaxe permanente do profesorado, habilitando estadías de formación no estranxeiro e programas de intercambio, recoñecendo ademais a formación en idiomas a efectos de concursos de traslados e no acceso a prazas singulares.

Vicente Docasar reclamou unha “aprendizaxe das linguas estranxeiras no sistema educativo máis exitosa para deixar de ser un país rezagado á hora de aprender idiomas”. Propuxo “un importante esforzo de cambio de actitudes na administración, o profesorado, o alumnado e familias” para “corrixir o sistemático fracaso do noso alumnado á hora de aprender idiomas estranxeiros”.

Sinalou que “é certo que os nosos alumnos comezan a idades temperás a estudar o inglés, pero non é comprensible que, aínda así, ao final da etapa educativa sexan incapaces de comunicarse con fluidez nos idiomas que estudan”.

Rematou Docasar a súa intervención acusando ao grupo popular de ser o partido do “non a todo”, e suxeríndolles que vaian aprendendo a escoitar se queren deixar de ser ese partido antipático que non ten capacidade de interlocución con ninguén.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar