O veto ás infraestruturas xudiciais evidencia o engano de Feijóo

O veto ás infraestruturas xudiciais evidencia o engano de Feijóo

O veto ás infraestruturas xudiciais evidencia o engano de Feijóo

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de “poñer en evidencia as mentiras de Feijóo” con respecto aos compromisos acadados co ministro de Xustiza para atender ás necesidades dos xulgados e tribunais de Galicia. O PP vetou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista que demandaba executar en 2017 os investimentos pendentes do Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010 – 2015.

A responsable socialista considera que os compromisos asinados por Feijóo son “papel mollado” ao anunciar novos xulgados para Ourense, A Coruña e Vigo “sen ter onde ubicalos”. Criticou a “falta de vontade política e de capacidade para asumir as competencias constitucionais e estatutarias que a nosa Comunidade ten no eido dunha institución tan esencial para a democracia”.

Explica que a día de hoxe “non fixeron ningunha das actuacións máis importantes” previstas naquela programación, mentres o vicepresidente da Xunta “percorre Galicia fachendoso de investir 50.000 euros en reformas: un mal chiste”. Sinalou que “non fixeron nada” do comprometido na provincia de Pontevedra, en Ourense “os testigos teñen que agardar nos rueiros, e A Coruña continúa coa Fábrica de Tabacos pechada.

Neste último caso, dixo, o Goberno mesmo carece de proxecto para reformar a Audiencia Provincial aínda cando sexa efectivo o traslado, que leva un retraso de 3 anos, o que supón un desembolso anual de case 529.000 euros ao ano.

Xulgados de Tui

A responsable socialista puxo como “paradigma” desta situación os xulgados de Tui, que contan con 15 metros cadrados nos que traballan 5 persoas sen aire acondicionado e sen sitio para esperar. Alertou que é “imposible” separar ás mulleres maltratadas e os seus presuntos maltratadores e os detidos “agardan na rúa esposados aos bancos”, e “todo porque ao vicepresidente Rueda non lle gusta o espazo alternativo proposto polo alcalde socialista”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar