"O verdadeiro aforro se consigue coa prescrición por principio activo e non co catálogo de medicamentos de Farjas"

"O verdadeiro aforro  se consigue coa prescrición por principio activo e non co catálogo de medicamentos de Farjas"

"O verdadeiro aforro se consigue coa prescrición por principio activo e non co catálogo de medicamentos de Farjas"

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, advertiulle á conselleira de Sanidade Pilar Farjas de que “por moito que repita a mentira sobre o suposto aforro do catálogo de medicamentos da Xunta, o autentico aforro se consigue coa prescrición por principio activo”.

Neste senso, destacou que “esta medida, aprobada onte polo Consello de Ministros,  que xa fora acordada no Consello Interterritorial de Sanidade, vai permitir a Galicia  aforrar 180 millóns de euros, cifra que duplica o aforro que segundo a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, se consigue co catálogo”. 

Deste xeito, o responsable socialista lembrou que “esta foi a primeira gran mentira de Farjas, posto que Galicia aforraba o mesmo que o resto de comunidades autónomas  sen que ningunha delas tivese un catálogo que lle recortaba dereitos aos seus cidadáns”.

Fernández apuntou que “esta nova situación pon á conselleira nunha contradición,  oponse a medidas de aforro reais mentres que cada día  apúntase a un novo recorte nas prestacións sanitarias”.

Por elo, pediulle primeiramente a Pilar Farjas que “que deixe de tentar enganar aos cidadáns e que permita que os galegos e galegas teñan acceso aos mesmos fármacos que o resto do Estado, en lugar de recortarlles estes dereitos coa escusa dun falso aforro”,  e ademais esixiulle que explique “a quen defende coa súa oposición  a prescrición por principio activo”.

Fernández lembrou que “neste dous anos e medio de Goberno de Feijoo  levouse a cabo o maior recorte en servizos á sanidade pública galega”. Deste xeito apuntou que  “se reduzo o orzamento en máis de 300 millóns de euros.  Fixo un recorte sen precedentes no persoal sanitario de atención primaria, de tal xeito que non se non se sustituen as baixas nin as vacacións”.

Nese senso, denunciou que “o PSdeG ademais ten coñecemento de que a Xunta está preparando un decreto que vai provocar un importante recorte en ambulancia dispoñibles para o transporte sanitario, tal como veñen denunciando as empresas que teñen adxudicado dito transporte”.

Por todo elo, Fernández acusou a Farjas de “levar a cabo un desmantelamento da sanidade pública galga en beneficio claro da sanidade privada. “Isto demostra que Feijoo incumpre novamente a súa palabra cando prometeu defender a sanidade publica galega”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar