O Valedor do Pobo da "motivos mais que suficientes" para cesar á conselleira de Benestar

O Valedor do Pobo da "motivos mais que suficientes" para cesar á conselleira de Benestar

O Valedor do Pobo da "motivos mais que suficientes" para cesar á conselleira de Benestar

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Valedor do Pobo, Patricia Vilán, dixo hoxe que o Informe do Alto Comisionado concede “motivos mais que suficientes para que o presidente da Xunta cese de forma inmediata á Conselleira de Traballo e Benestar” polas irregularidades na súa xestión. Así o dixo no debate no Pleno do Parlamento dos informes anuais correspondentes a 2011 e 2012.

Vilán advertiu que Traballo e Benestar é a única Consellería que incrementa en mais dun 50 por cento as peticións reiteradas de informe, non aplica a lei de dependencia e incumpre os prazos da Lei, polo que “moitos dependentes teñen falecido” na lista de espera. Ademais, incumpre os compromisos de compensar a súa responsabilidade por retrasos nos expedientes e o posterior falecemento dos dependentes.

Sinalou que, de acordo con este informe, a Consellería “non contesta adecuadamente recursos nin resposta novas solicitudes ou peticións de revisións en prazo” e mesmo “acepta as recomendacións do Valedor e logo non as cumpre”.

Ademais, con respecto dos menores, “toma decisións de mesturar menores condenados con menores tutelados, pechando centros, sen explicar os seus motivos” desoíndo as recomendacións do Valedor. Apuntou que, con relación ao consumo abusivo de internet polos menores, “aínda estamos agardado que comece a campaña de sensibilización que pide” o Alto Comisionado.

Corcoesto

A parlamentaria socialista reclamoulle ás consellerías de Medio Ambiente e Industria que paralicen a tramitación do procedemento da mina de Corcoesto ata recibir a peritaxe encargada polo Valedor á USC. Lembrou que o Valedor decidiu abrir o procedemento de oficio logo da queixa presentada polos socialistas galegos o pasado 15 de maio.

Advertiu que en relación co medio ambiente o Valedor en funcións só tivo a ben falar dos problemas acústicos, mentres reserva apenas 9 liñas dun informe de 961 á Mina de Corcoesto, para salientar o “considerable número de queixas” recibido en contra da instalación, o que tampouco suscitou un informe de oficio ata que o solicitou o PSdeG.

Desafiuzamentos

Vilán salientou ademais que, de acordo cos informes do Valedor, “se deduce que as medidas adoptadas polo goberno de Rajoy fronte á problemática dos desafiuzamentos son insuficientes”. Engade que o Alto Comisionado “aposta pola dación en pago como solución mais xusta, e pola constitución dun fondo social de vivendas para familias afectadas”, tal e como ten feito o goberno socialista en Andalucía.

A parlamentaria socialista coincidiu co Valedor interino na necesidade de arbitrar medias para que os afectados polos procedementos de execución hipotecaria teñan acceso a unha vivenda mediante aluguer social, recomendando ademais un fondo social de vivendas tal e como foi realizado en Andalucía por un goberno socialista.

Ademais, o informe salienta a necesidade de control de oficio sobre as cláusulas abusivas e os intereses moratorios. Patricia Vilán reclamoulle ademais que diga os datos recabados sobre a estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas, un dos poucos expedientes de oficio aberto por unha situación que afecta entre 70.000 e 100.000 persoas.

Educación e sanidade

A responsable socialista salientou que o informe teña advertido sobre a redución de unidades e maestros nas escolas rurais, que foi mais alá do que permite a normativa, vulnerando o dereito constitucional fundamental á igualdade e a unha educación de calidade, ademais de que produce o despoboamento das zonas rurais en canto os pais optan por escolarizar fóra das escolas rurais.

En materia de sanidade, apuntou que as cifras presentadas polo Valedor amosan un incremento das listas de espera entre 2007, con un goberno socialista, e 2012, cun goberno do PP, ademais de revelar unha derivación de pacientes ao Hospital Povisa, en mais dun 68 por cento.

Finalmente, advertiu unha eiva na dedicación á problemática da muller, xa que “pese ao seu carácter transversal, non existe no informe unha soa liña dedicada aos problemas das mulleres, aos evidentes retrocesos nos dereitos das mulleres, por exemplo cómo lles está afectando a reforma laboral ou o ataque aos seus dereitos coa anunciada reforma da Lei do aborto”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar