O Valedor do Pobo censura a austeridade de Feijóo

O Valedor do Pobo censura a austeridade de Feijóo

O Valedor do Pobo censura a austeridade de Feijóo

PlenoA portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Valedor, Patricia Vilán, dixo que o informe presentado hoxe diante do Pleno do Parlamento constitúe unha “censura á política de austeridade de Feijóo” ao sinalar expresamente que esta non é un principio constitucional. Ademais, o informe constata unha xestión “frívola e desastrosa” das titulares de Sanidade e Benestar que obriga ao seu cese.

Vilán explicou que, de acordo co dito informe, a austeridade implacable do goberno de Feijóo “ten provocado un deterioro evidente dos servizos públicos, especialmente en sanidade, educación e políticas sociais. Ademais aplica un “severo correctivo” á xestión da Sanidade e das políticas sociais, provocando o deterioro imparable en Sanidade e aplicando unha xestión “vergoñenta” da Lei de Dependencia e da Risga.

A Consellería de Traballo e Benestar é unha das peor paradas deste informe, que evidencia os efectos da redución de fondos destinados a servizos sociais, de 535 millóns de euros entre 2009 e 2014, multiplicando o número de expedientes –de 208 en 2013 a 351 en 2014-, e de reclamantes –pasando de 208 en 2013 a 947 en 2014-, en boa parte debido ás trabas na aplicación da Lei da Dependencia.

Galicia é hoxe a Comunidade Autónoma con mais persoas en lista de espera, ata 16.000 segundo o Valedor, e 18.000 coa prestación recoñecida pero sen ser atendidas, chegando ao punto de que mais de 7.000 delas faleceron no limbo da dependencia dende 2012. Vilán sinalou o caso dun procedemento iniciado en 2008 e a persoa falece finalmente en 2014, mais de seis anos despois, sen ter sido atendida.

Cualificou ademais de “absoluto desastre” a xestión da Risga e das axudas de emerxencia social por parte do goberno galego, con “atrasos na concesión, atrasos na reinstauración despois dun traballo, desacordos nas revisións, atrasos en recursos contra resolucións negativas ou na concesión de complementos. Semellante camiño segue practicamente toda a xestión da Consellería, poñendo en cuestión a xestión do Centro San Francisco de Vigo ou o funcionamento do servizo 065.

Sanidade e Educación

Vilán salientou as queixas pola diminución e insuficiente dotación do persoal sanitario e con queixas concretas sobre por exemplo a supresión do servizo de atención continuada en cirurxía pediátrica no Hospital de Ourense, que provocou un total de 4.095 queixas. Mentres, sinalou, a Consellería obvia as recomendacións do Alto Comisionado, ao entender que “se están a cumprir tódolos parámetros de calidade e seguridade con recursos humanos e materiais”.

A educación pública tamén suscita boa parte das conclusións do informe, que cuestiona as dificultades impostas pola Xunta ao uso dos comedores escolares ou o incumprimento dos requisitos mínimos de mantemento nos edificios escolares, así como as privacións e atrasos no apoio educativo aos nenos e nenas con dificultades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar