O Valedor constata un "notable incremento da insatisfacción cidadá coa Xunta"

O Valedor constata un "notable incremento da insatisfacción cidadá coa Xunta"

O Valedor constata un “notable incremento da insatisfacción cidadá coa Xunta”

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións ao Valedor, Raúl Fernández, advertiu hoxe da crecente insatisfacción da cidadanía cos servizos públicos prestados polo goberno galego. Así o dixo á luz do último informe do Valedor do Pobo, no que aumentan notablemente o número de queixas, así como o de asuntos motivo de preocupación, e revela ademais o desapego do mundo rural coa institución.

O responsable socialista trasladou a preocupación do Grupo Socialista coa insatisfacción amosada pola cidadanía, que pasou de presentar 39.409 queixas en 2015 a un total de 64.937 en 2016. Un aumento do 65 por cento no número de queixas que revela un notable incremento dos cidadáns insatisfeitos e a falla de solucións por parte do goberno galego e que “por iso teñen que recorrer ao Valedor”.

Ademais, dixo, o número de asuntos plantexados tamén aumentou, pasando de 2.287 en 2015 a un total de 2.356 en 2016, unhas queixas que pivotan fundamentalmente en torno á sanidade, que recibe o 77,56 por cento das queixas, e o emprego público e interior, co 17,93 por cento.

A lexislatura do rural

O parlamentario socialista advertiu que as conclusións deste informe revelan que “aínda resta moito camiño para que esta sexa a lexislatura do rural que publicita o presidente da Xunta”. Explicou que o medio rural, onde reside o 20 por cento da poboación de Galicia, canaliza apenas o 0,1 por cento das queixas presentadas ao Valedor, o que “é unha mostra de que algo está a fallar” na institución con esta poboación.

Raúl Fernández deu a voz de alarma sobre a “desconexión do rural co Valedor”, por canto os déficits que afectan ao mundo urbano replícanse nas pequenas vilas e pobos de Galicia, onde reflicten “especificidades que tampouco son motivo de queixa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar