“O único programa electoral que pode presentar o PP é aquel no que se comprometa a acabar coa corrupción, o caciquismo e o transfugismo"

“O único programa electoral que pode presentar o PP é aquel no que se comprometa a acabar coa corrupción, o caciquismo e o transfugismo"

“O único programa electoral que pode presentar o PP é aquel no que se comprometa a acabar coa corrupción, o caciquismo e o transfugismo"

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, afirmou que o único programa que pode presentar o PP “é aquel no que se comprometa de xeito firme, decidido e real a acabar coa corrupción, o caciquismo e o transfuguismo no seu partido”.

Así, García sinalou que “o único programa electoral que debería presentar o PP é un no que se comprometa a acabar coa corrupción e o caciquismo, especialmente nas deputacións de Ourense e Pontevedra”. “Un programa no que renuncie á utilización de tránsfugas para gañar o que lle negan as urnas e no que se comprometan a excluílos de xeito real e definitivo das súas listas electorais”, engadiu.

Reclamoulle tamén ao PP “que presente un programa no que se comprometa a tomar medidas contra os seus cargos implicados en casos como a Operación Orquesta ou en delitos tan graves en democracia como o abuso de poder”.

O responsable socialista lembrou así que a Operación Orquesta empezou como unha investigación sobre o narcotráfico, para pasar a descubrir posibles delitos de tráfico de influencias, soborno, prevaricación e falsificación documental, que afectan directamente a alcaldes, concelleiros e deputados provinciais do PP e salpican a tres consellerías do Goberno galego.

Incidiu ademais en que a investigación realizada no sindicato Unións Agrarias deu como resultado a imputación por abuso de poder de dous altos cargos do Goberno galego, mentres o PP segue a mirar para outro lado.

Por elo, García preguntoulle a Alfonso Rueda “si pensa investigar a Deputación de Ourense polas escandalosas contratacións a familiares e amigos de militantes do PP, ou se investigará a suposta contratación dun axente electoral en Ourense, ao igual que investigou ao sindicato Unións Agrarias”.

O secretario de Organización do PSdeG instou a Rueda e ao PP a que “se comprometa en firme a cumprir estes puntos, e a que non se queden en papel mollado” porque “Alfonso Rueda é un experto en predicar transparencia e non exercela nunca”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar