O triunfalismo de Feijóo ao falar de desemprego evidencia que "vive fora da realidade"

O triunfalismo de Feijóo ao falar de desemprego evidencia que "vive fora da realidade"

O triunfalismo de Feijóo ao falar de desemprego evidencia que “vive fora da realidade”

Os portavoces de Emprego e Administración Pública do Grupo Socialista, Noela Blanco e Juan Manuel Díaz Villoslada, presentaron hoxe dúas iniciativas en materia laboral que os socialistas levarán ao primeiro Pleno da Lexislatura. Os socialistas galegos queren sinalar así a súa intención de priorizar as políticas de emprego na nova etapa política.

Blanco apuntou aos datos da última EPA sobre o terceiro trimestre de 2016 que, dixo, evidencian que Feijóo “vive fora da realidade” ao amosar “triunfalismo” por unha situación laboral que se afasta de ser positiva. Sinalou que Galicia foi a segunda Comunidade Autónoma con maior incremento do número de EREs presentados no último ano, e dende 2009 aumentaron un 69 por cento as vivendas con tódolos membros en paro e os fogares sen ingresos aumentaron en máis dun 90 por cento.

Os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno unha interpelación na que poñen a lupa sobre a situación dos colectivos máis vulnerables, como son as mulleres, os mozos e mozas e os parados de longa duración.

Explicou que 3 de cada 4 mulleres desempregadas carecen de prestacións, o paro xuvenil sitúase no 40 por cento a pesares da elevada emigración, “e os que teñen traballo van directos á temporalidade e á precariedade”, e os parados de longa duración afúndense na desesperanza pola falla de apoio institucional.

Esixiulle ao goberno que “recupere a axenda do diálogo social”, e que impulse unha batería de iniciativas dirixidas á creación de emprego de calidade, aumentando o investimento de fondos para políticas activas de emprego ou a reforma dos servizos públicos de emprego para dotalos de maior capacidade de manobra e polo tanto aumentar a súa eficacia.

Sentenzas da UE

O portavoz de Administración Pública, Juan Manuel Díaz Villoslada, sinalou pola súa banda as recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE que botan por terra por unha banda a política laboral imposta pola Xunta no sector público, ao desbotar a contratación de eventuais para ocupar postos estruturais na sanidade, por exemplo.

Por outra banda, a xurisprudencia comunitaria, de obrigado cumprimento, sinala que os indefinidos e os temporais deben ter a mesma indemnización por despido, e cuestiona que os interinos carezan de dito dereito á indemnización. O responsable socialista sinala que os traballadores deben contar coas mesmas condicións de despido que no caso dos contratos temporais, e “non igualar por abaixo”.

O próximo Pleno do Parlamento tratará unha proposición non de Lei do Grupo Socialista na que esixen ao goberno galego que “leve a cabo as accións necesarias cos axentes sociais e, sinaladamente, cos sindicatos con representación no sector público para dar efectivo cumprimento” ás ditas sentenzas.

Díaz Villoslada sinala que a temporalidade ten aumentado no sector público galego un 50 por cento entre 2011 e 2015, unha cifra que supón en todo o Estado un total de 300.000 interinos e unha taxa de interinidade xeral do 10 por cento e do 20 por cento só en sanidade e educación.

Os socialistas galegos critican que o goberno galego manteña un “réxime laboral discriminatorio” de non aplicar as novas sentenzas polo Goberno galego e reclaman a restauración da estabilidade no emprego público, así como unha nova reforma laboral que recupere o diálogo social e a negociación colectiva.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar