O traslado irresponsable do 112

O traslado irresponsable do 112

O traslado irresponsable do 112

O portavoz da área institucional do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, cualificou de “irresponsable” que a Xunta fixera o traslado do servizo 112 durante unha folga dos traballadores e amosou unha “dobre preocupación” polo funcionamento do servizo de emerxencia. Por unha banda, pola situación laboral dos afectados, e por outra, polo “funcionamento dun servizo clave”.

 

Villoslada lembrou que os servizos mínimos do 100% decretados e publicados no DOG foron anulados por abusivos por sentenza xudicial, e preguntou, tendo en conta as críticas dos traballadores e traballadoras, “se a plataforma está a dar unha resposta suficiente con respecto ás capacidades da instalación anterior”. O socialista indicou que hai fallos na atención telefónica, no sistema de SMS, na asignación de recursos ou na xeolocalización. “Tratan de falarnos de normalidade, cando non pode haber normalidade cunha folga e cando os fallos da plataforma son estes”, dixo.

 

“Un servizo clave como o 112 non pode continuar deste forma; debe haber respostas”, insistiu Viloslada, que instou ao goberno galego a que “respecte o dereito de folga” e a chegar a un acordo laboral cos arredor de 90 traballadores que ven reducidas as súas condicións “nun 15%”. Tamén censurou o “escurantismo” da Xunta en toda a operación de traslado.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar