O texto refundido das leis de Industria da Xunta é "inútil e contraditorio" coa normativa previa

O texto refundido das leis de Industria da Xunta é "inútil e contraditorio" coa normativa previa

O texto refundido das leis de Industria da Xunta é "inútil e contraditorio" coa normativa previa

automóbilO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, rexeitou hoxe o decreto lexislativo para aprobar o texto refundido das leis de Política Industrial de Galicia e de Seguridade Industrial de Galicia. Os socialistas presentaron unha emenda de devolución no debate desta norma hoxe na Comisión de Industria, que foi rexeitada polo PP, polo que o ditame será debatido a continuación no Pleno.

Os socialistas sinalou que o texto resulta “inútil ou nulo” e evidencia a “desidia e falla de dilixencia” do goberno, que incumpre a normativa en vigor e mesmo é utilizado para modificar a normativa aprobada previamente. O mellor exemplo, dixo, da “incompetencia obxectiva” demostrada polo goberno de Feijóo en materia de política industrial, e que demostra que “para vostedes a mellor política industrial é a que non se fai”.

Acusou á Xunta de intentar tapar cun trámite lexislativo irrelevante o que é o “fracaso estrepitoso da política industrial dos gobernos de Feijóo”, cando de acordo cos datos do INE a produción industrial caeu en Galicia o dobre que no resto do Estado.

Losada cualificou o texto de “publicidade e propaganda” logo de explicar que é presentado retirándolle aos textos orixinais “as únicas obrigas que aparecen de maneira concreta”. Aludiu así a que o goberno aproveite esta norma para suprimir o prazo previsto na Lei de Política Industrial, que daba seis meses para elaborar o Plan Director da industria de Galicia.

Con esta refundición o prazo desaparece, nomeadamente tendo en conta que xa pasaran mais de dous anos sen que a Xunta presentara o dito Plan Director. Ademais, engadiu, reproduce a constitución do Consello Galego de Industria, un órgano que fora integrado no consello Galego de Economía e Competitividade, de acordo coa Lei de emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Losada advertiu que a propia Lei de Seguridade Industrial de Galicia, con mais de dez anos de vixencia e sen cambios substanciais, resulta “opinable” que poida englobarse no concepto de política industrial, de acordo co propio informe da Asesoría Xurídica Xeral.

Finalmente, lembra que a propia Xunta “boicotea” a súa produción lexislativa por canto a Lei de racionalización do sector público autonómico establecía cinco textos refundidos sobre pesca, gardacostas e confrarías, sobre tributos propios, política industrial, portos e igualdade.

Sen embargo tan só foron presentados en prazo o actual texto de política industrial e o de igualdade, “sen que exista ningunha clase de explicación por non ter presentado os decretos restantes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar