O texto refundido das leis de igualdade constitúe un "mal apaño" que provoca unha Lei "incompleta e desequilibrada"

O texto refundido das leis de igualdade constitúe un "mal apaño" que provoca unha Lei "incompleta e desequilibrada"

O texto refundido das leis de igualdade constitúe un "mal apaño" que provoca unha Lei "incompleta e desequilibrada"

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, tildou hoxe de “mal apaño” o texto refundido das Leis en materia de Igualdade aprobado hoxe polo PP co voto en contra dos socialistas galegos. Acuña lamentou que “Feijóo, en igualdade, nin leis nin cartos” logo de lembrar que a Xunta destina á Igualdade o 0,007 por cento do orzamento da Xunta.

Acuña explicou que o texto resulta un “monstruo” como resultado de combinar “o brazo atrófico da Lei de Igualdade aprobada polo goberno de Fraga, co brazo forte e profundo da Lei de Igualdade no Traballo do goberno de Touriño”. Mentres, dixo, “aproveita para recortar como de pasada” a Lei contra a violencia de Xénero, o terceiro eixo desta norma.

O resultado final é un “texto pobre, incompleto, con dúas leis do goberno progresista que nin sequera foron quén de desenrolar” simplemente para “cubrir un expediente estatístico co número de leis aprobadas”. Lamentou que a fórmula de unificar leis a través de decretos lexislativos “podería ser útil ben aplicada e para outras materias, pero non ten sentido en igualdade”, unificando tan só tres leis.

Nula efectividade

Carmen Acuña reclamou a devolución dun texto que, lonxe de garantir unha normativa beneficiosa e axeitada, dispón dunha “efectividade moi limitada, cando non inútil ou nula”. Ademais, dixo, introduce confusión lexislativa, xa que “parece que constitúe unha auténtica Lei integral sobre igualdade, cando do seu contido non se pode derivar tal condición”.

Ademais, as súas carencias fan do texto unha lei “claramente insuficiente e incompleta”, e cuestionou que o goberno galego anunciara a refundición, antes dun ano, da normativa sobre pesca, gardacostas e confrarías de pescadores; tributos propios; política industrial; portos e igualdade, si ben a de igualdade e unha das dúas que cumpren co prazo fixado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar