O teito de gasto supón perda de autogoberno e merma dos servizos públicos en Galicia

O teito de gasto supón perda de autogoberno e merma dos servizos públicos en Galicia

O teito de gasto supón perda de autogoberno e merma dos servizos públicos en Galicia

Pleno de presupuestosO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, dixo hoxe que o teito de gasto imposto pola Xunta “implica a perda de autogoberno e a merma dos servizos públicos prestados pola nosa Comunidade Autónoma”. Así o dixo no debate do teito de gasto, aprobado en solitario polo PP co voto en contra dos socialistas galegos.

O responsable socialista advertiu que o teito de gasto supón “un paso mais para consumar o desmantelamento do Estado do Benestar reducindo os servizos públicos das administracións”. A consecuencia directa, dixo, é o aumento da pobreza e da desigualdade e o deterioro da educación, a sanidade e os servizos sociais, coa “maioría dos galegos e galegas vivindo peor para que uns poucos poidan vivir mellor”.

Criticou que tanto esforzo a costa dos servizos públicos non teña obtido contrapartida no impulso económico amparado pola Xunta, unha xestión que polo contrario situou a esta Comunidade Autónoma “no furgón de cola da leve recuperación económica”. En 2014, Galicia medrou o 0,5% do PIB, o peor comportamento dun Estado que medrou unha media do 1,4 por cento.

González Santín sinalou que o goberno ten establecido un límite de gasto incrementado ata os 8.873 millóns de euros, “francamente insuficiente fronte aos retos de Galicia para o ano 2016”. Acusou ao goberno central de obrigar ás administracións autonómicas –con competencias en sanidade, educación e servizos sociais- e locais a soportar o groso do axuste do déficit, nunha tendencia “contraria a toda lóxica”.

Dobremente prexudicados

Estas administracións teñen un límite do 0,3 por cento –no caso das comunidades autónomas- e do 0 por cento –os concellos-, fronte ao 2,2 por cento do Estado, mesmo excluíndo as súas competencias sobre seguridade social. Acusou ao goberno de “cadrar a débeda a costa dos que fixemos un maior esforzo” do que os galegos saen dobremente prexudicados, logo de facer uns recortes que o goberno ignora.

Criticou a conivencia do goberno galego con esta estratexia, cando “non se pode entender que a Xunta non defenda no Consello de Política Fiscal e Financeira que Galicia teña a mesma capacidade de contraer déficit que o Estado”.

O goberno galego mantense, dixo, compracido cun aumento do teito cando, engadiu, por moita marxe que acade o goberno galego, esta non servirá de nada fronte ao baixo grao de execución dos gastos de capital, cando “dos 10.000 millóns de euros orzamentados entre 2009 e 2014, 4.000 nunca chegaron a executarse”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar