O teito de gasto non pon límite ao desemprego e ao sufrimento económico das familias

O teito de gasto non pon límite ao desemprego e ao sufrimento económico das familias

O teito de gasto non pon límite ao desemprego e ao sufrimento económico das familias

O portavoz parlamentario socialista, Abel Losada, ven de rexeitar no nome do seu grupo a fixación do límite de gasto non financeiro da Xunta para o ano 2014, debatido na Cámara galega nun “remedo de pleno” que para Losada recolle a política do PP e do Goberno galego en relación co Parlamento.

Previamente a referirse ó limite de gasto, o voceiro do PSdeG-PSOE referiuse ao marco político no que se veu desenvolvendo o mes de xullo e este comezo de agosto, e que foi trazado pola maioría do Grupo Popular. Losada denuncia unha “auténtica e total submisión do Lexislativo ao poder Executivo” que define o calendario parlamentario.

Condenou o “cinismo político” que ao seu xuízo se evidencia na coincidencia, no día de onte, de que os populares votasen en contra da comparecencia de Núñez Feijóo no Parlamento para explicar o presunto financiamento irregular do seu partido ao mesmo tempo que o Presidente galego esixía “con toda solemnidade” máis transparencia.

O portavoz socialista tampouco concede marxe á casualidade no feito de que, logo de meses de “axuste de axenda” se presentase onte o Informe do Consello de Contas do exercicio de 2010. Losada ve máis alá dunha coincidencia que, despois dunha marxe de oito meses, se citase ao Letrado Maior o día da Operación Saída de vacacións, primeiro de agosto, para entregar o informe onde se denuncia que a Xunta “maquillou” o déficit en máis de 400 millóns de euros.

En relación á proposta defendida pola titular de Facenda, Abel Losada definiu a documentación entregada aos grupos como “un mal remake” do entregado en 2013. “O esforzo de actualización foi máis ben escaso”, dixo o portavoz socialista, que detectou fragmentos onde non coinciden a redacción coas cifras actualizadas.

Losada rectificou a Elena Muñoz, “é falso que se teña dado o primeiro paso para a recuperación, aínda estamos en recesión”, afirmou. Tamén recordou á conselleira que Galicia, a pesares da reforma laboral brutal do PP, non vai crear emprego con taxas de crecemento inferiores ao 1%. “É falso que cun crecemento do 0,6% que ninguén cree, vaia a crearse emprego neste país, vai en contra de toda teoría e modelos econométricos”, insistiu.

Reprochou aos populares que o teito de gasto aprobado no Parlamento se vai modificar na práctica. En 2012, o gasto efectivo da Xunta estivo máis de 450 millóns de euros por baixo dos 9.172 millóns do teito presupostado.

Losada augura que como entón, haberá “máis recortes, máis sufrimento e máis dificultades” para os cidadáns.

O marco macroeconómico fala dunha taxa de paro para 2014 de 22,4% de desemprego. “Pero esa xa a temos neste momento”, replicou o voceiro socialista. A taxa prevista de 2013 era do 20,1% e imos máis de dous puntos por riba.

Para Losada, en Galicia estase a desenvolver un modelo económico fallido, fracasado, que se centra no déficit e na débeda. É certo que se ten que axustar, recoñece, pero non pode ser “un obxectivo en si mesmo”. Para o portavoz socialista, nunha situación de recesión como a actual a prioridade debe ser “reactivar a economía e crear emprego”.

A rebaixa prevista é de 25 millóns de euros respecto ao teito de gasto de 2013 e a previsión de crecemento en relación co PIB do 0,6%. Obxectivo que ve difícil de conseguir se temos en conta que as previsións dos organismos económicos internacionais da unha previsión de crecemento cero para o conxunto de España. Pensa a conselleira que poderemos medrar seis décimas por riba da media?, preguntouse o portavoz socialista.

Cunha caída do gasto público do 2,8%, o socialista rexeita a tese do Goberno de que o consumo dos fogares vaia aumentar, coas actuais de desemprego. A política económica desenvolvida polo Executivo “só sirve para que as cifras de paro sexan mais elevadas, que sexan máis as persoas que viven en unidades familiares con todos os membros en paro”.

Recriminou ao Executivo que se gabara de liderar a redución dos custos laborais. Cómo se vai reactivar a economía intentando competir mediante a baixada de salarios en lugar de apostar pola innovación, critica Losada.

O “laboratorio dos recortes” de Feijóo debera ter repercutido na creación de emprego e situar a Galicia en posición de reactivar a súa economía, pero non foi así. “Vostedes queren limitar o gasto, pero o que non limitan e a cota de sufrimento e dificultades da cidadanía dese país”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar