O “servilismo” da Xunta cos recortes de Rajoy na agricultura poñen en perigo a cofinanciación de programas europeos

O “servilismo” da Xunta cos recortes de Rajoy na agricultura poñen en perigo a cofinanciación de programas europeos

O “servilismo” da Xunta cos recortes de Rajoy na agricultura poñen en perigo a cofinanciación de programas europeos

Sonia Verdes sinala que a chegada de Cañete ao Ministerio de Agricultura supuxo o recorte de 876 millóns de euros a Galicia, que se suman aos 161 recortados por Feijóo

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, dixo que o “servilismo” amosado por Feijóo aos recortes do goberno de Rajoy na agricultura “pon en risco a competitividade das explotacións agrarias. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura, sinalou que a chegada de Cañete ao Ministerio supuxo a posta en perigo da cofinanciación dos programas europeos.

A responsable socialista advertiu que o Ministerio de Agricultura recortoulle 876 millóns de euros ao campo galego entre os recortes iniciais e a redución do 31,2 por cento nos orzamentos, que se suman aos 161 millóns recortados por Feijóo no que vai de lexislatura. Dixo que esta situación pon en risco os fondos comunitarios que, de non ser executados e cofinanciados deberán ser devoltos.

Criticou a connivencia de Feijóo co “desleixo” do goberno de Rajoy para cos agricultores e gandeiros, que ten aprobado uns orzamentos que recortan as axudas á muller rural, os programas de protección e mellora do medio natural. Engadiu que asestan o “hachadazo definitivo ás políticas de desenvolvemento rural e suprimen o programa de infraestruturas para o medio rural, en liña co drástico recorte da Xunta de Galicia”.

Neste sentido, explicou que os recortes do Ministerio afectan ás axudas por indemnizacións sacrificio -5 millóns de euros-, ao mantemento das bases de rexistro e aos sistemas de rexistro de identificación animal –en torno a 3 millóns de euros-, ás axudas para fomento de ADS -4,5 millóns-, aos programas de control de pragas vexetais ou o programa nacional de seguros agrarios, que cae 28 millóns de euros.

Execución

Sonia Verdes apuntou que estes recortes supoñen “poñer en risco a competitividade das explotacións agrarias”, especialmente unido aos tres anos de recortes da Xunta, que reduciu os orzamentos en 161 millóns malia ter deixado sen gastar mais de 70 millóns de euros de investimentos en 2011. Explicou que o grao de execución de tan só o 65 por cento evidencia unha “nefasta xestión dos recursos”.

Criticou que a Xunta teña reducido nestes 3 anos de xestión de Feijóo un total de 37 millóns de euros os programas de ordenación das producións forestais e de prevención de incendios, 14 millóns no programa de mobilidade de terras agrarias ou outros 25 nos programas de sanidade animal e vexetal. Engadiu o recorte de 53 millóns de euros para reordenación das estruturas e infraestruturas no rural.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar