O Sergas só contrata a un sanitario por cada 28 que se xubilan

O Sergas só contrata a un sanitario por cada 28 que se xubilan

O Sergas só contrata a un sanitario por cada 28 que se xubilan

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe que, de acordo coas cifras ofrecidas pola conselleira a semana pasada, o Sergas tan só está a contratar a un profesional sanitario por cada 28 que se xubilan. Acuña presentou unha moción, que será debatida no próximo Pleno, para pedirlle á Xunta que pare coa amortización de prazas e contrate a tantos médicos e enfermeiros como se xubilen.

Acuña explicou que o goberno galego está a provocar a perda imparable de calidade asistencial ao baleirar de profesionais aos hospitais e centros de saúde, mentres utiliza “contratos basura” e “fórmulas abusivas” de contratación por días e mesmo por horas na sanidade pública, unha práctica que fora erradicada polo goberno socialista.

A deputada socialista ironizou reclamándolle á conselleira que explique se considera que hai unha epidemia de saúde que faga innecesario ao persoal sanitario”, mentres por exemplo obriga aos enfermeiros e enfermeiras a atender varios centros de saúde en localidades diferentes nunha mesma mañá.

Denunciou unha política de contratación dirixida a “recortar drasticamente a calidade e a cantidade” dos profesionais, cunha taxa de reposición do 3,6 por cento –o que supón que só contrata a un profesional por cada 28 xubilacións-. Estas cifras, advertiu, atópanse “lonxe do 10 por cento permitido ata agora e moito mais lonxe da reposición do 50 por cento que vén de ser establecida pola conferencia sectorial de sanidade”.

Acuña extraeu estas cifras das 145 prazas convocadas das que presumiu a conselleira, fronte ás mais de 4.000 que se perderon, de acordo cos sindicatos. Advertiu que, si ben de acordo con estes, a sanidade pública perdeu en torno a un 10 por cento de profesionais por xubilacións, si ben a taxa estimada de retiros, dixo a deputada socialista, podería roldar o 22 por cento, de acordo coas idades dos profesionais sanitarios.

Criticou que a conselleira sinalara no Parlamento a existencia de “moitos profesionais da enfermería”, chamando a reducir o número destes formados en Galicia, mentres, dixo, “demostran moito interese en apoiar unha escola de enfermería privada en Sada”. Denunciou que a política do goberno galego céntrase en que “si pagas podes facer enfermería, e si non pagas, non podes”.

Reposición

Os socialistas galegos levarán unha moción ao próximo Pleno para que a Xunta eleve a taxa de reposición ata o cen por cen, contratando a tantos médicos e enfermeiros como se xubilen, e remate con estas practicas laborais abusivas. Dixo que o goberno quere volver ás condicións de hai 40 anos, con tan só un médico e un enfermeiro no rural, plantas de hospitais pechadas durante todo o ano e contratos basura xeneralizados.

A iniciativa reclama ademais que o goberno galego envíe ao Parlamento os datos oficiais e por escrito co número de profesionais da sanidade galega xubilados nos últimos 6 anos, o número de solicitudes de prórrogas cursadas e a porcentaxe de persoal eventual. Tamén solicita a concesión das prórrogas solicitadas para servizo activo en especialidades deficitarias ou implicadas na docencia.

Tamén solicita a convocatoria das 4.000 prazas xeradas coas xubilacións levadas a cabo na sanidade pública galega, realizar a cobertura sistemática de todas as ausencias , e garantir a “transparencia e a publicidade na xestión das listaxes de contratación do persoal eventual”, tal e como solicitan os profesionais eventuais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar