O Sergas deixa ao Hospital de Cee tres meses sen resonancia móbil para atender as eivas do Hospital de Vigo

O Sergas deixa ao Hospital de Cee tres meses sen resonancia móbil para atender as eivas do Hospital de Vigo

O Sergas deixa ao Hospital de Cee tres meses sen resonancia móbil para atender as eivas do Hospital de Vigo

A deputada socialista Marisol Soneira criticou hoxe a desatención da sanidade pública á Costa da Morte, logo de que o xerente do Sergas, Antonio Fernández – Campa, admitira en Comisión parlamentaria que a unidade de resonancia móbil que visita periodicamente o Hospital Virxe da Xunqueira deixou a zona desatendida para instalarse no Hospital de Vigo.

Soneira preguntou pola ausencia desta unidade entre os meses de agosto e outubro do ano pasado, e cando Fernández – Campa aludiu a unha suposta avaría, a deputada socialista amosou imaxes do vehículo aparcado no novo Hospital de Vigo. O alto cargo intentou xustificarse sinalando que “hai dous vehículos, un estaba avariado e outro en Vigo”.

A deputada socialista replicoulle que “a Costa da Morte tamén existe, tamén somos persoas que pagamos os nosos impostos e temos dereito á saúde”, e acusouno de desatender esta comarca para “cubrir as súas lagoas de xestión no Hospital de Vigo”.

Marisol Soneira desmentiu tamén a afirmación do goberno galego, que sinalaba que a unidade móbil presentábase un promedio de cinco días mensuais, cando o propio goberno ofreceu unha resposta escrita o pasado 29 de febreiro na que sumaban un total de 20 días durante todo o ano 2015.

A deputada da Costa da Morte sinalou que “saen a 1,6 días, menos de dous días por mes” e reclamou “o cumprimento do promedio de cinco días mensuais e que se nos trate como calquera outro cidadán”.

Eivas sanitarias

Soneira fixo un relatorio das eivas que veñen denunciando os profesionais da sanidade da Costa da Morte, que carece de unidade de rehabilitación polas tardes, as baixas de dermatoloxía non están cubertas agás de maneira intermitente cun profesional de Coruña, e o laboratorio non traballa a diario por falla de persoal.

Ademais, hai dous xinecólogos co título sen homologar en España, co que, resumiu, “sácasenos a unidade móbil, recórtanse tódolos servizos e incluso hai profesionais que non teñen os seus papeis en regra”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar