O Sergas aproveita a supresión de categorías para preparar unha nova privatización

O Sergas aproveita a supresión de categorías para preparar unha nova privatización

O Sergas aproveita a supresión de categorías para preparar unha nova privatización

enfermerasA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, alertou hoxe de que a supresión de categorías de persoal que prepara o Sergas “deixa o camiño expedito para novas privatizacións de servizos”. Así o dixo logo de coñecer o proxecto de decreto de ordenación de categorías e postos de traballo do persoal estatutario que está a elaborar a Consellería de Sanidade.

Acuña sinala que a eliminación de albaneis, carpinteiros, fontaneiros, mecánicos e pintores por “persoal de mantemento” impide de facto a convocatoria dunha “OPE razoable”, xa que non se corresponde con ningunha titulación nin categoría formativa, pero “facilita enormemente a externalización destes servizos”.

A deputada socialista censura o “oportunismo político” amosado unha vez máis polo goberno galego, que utiliza a actualización das categorías, nalgúns casos necesaria, pero aproveita para confirmar que “sempre é reticente e lento á hora de mellorar e reforzar os servizos públicos pero extraordinariamente áxil e hábil á hora de privatizar”.

Capela

Carmen Acuña lamenta neste mesmo sentido que o empeño do goberno galego por suprimir categorías profesionais na sanidade non chegue ata o punto de suprimir a figura do capelán nin as capelas nos centros sanitarios. Así o demostra, dixo, a existencia “anacrónica e carente de sentido” dunha capela no novo hospital de Vigo, onde “os problemas de espazo provocaron a supresión da gardería pero nunca do espazo de culto”.

A deputada socialista propuxo como posible solución a “creación dun espazo multiculto preparado para responder ás distintas sensibilidades relixiosas da poboación”, pero sempre, puntualiza, “baixo a condición de priorizar a habilitación dunha gardería no propio centro hospitalario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar