O Senado acorda, co apoio do PSOE, defender na UE que a PAC manteña o nivel de axuda a gandeiros e agricultores en zonas desfavorecidas

O Senado acorda, co apoio do PSOE, defender na UE que a PAC manteña o nivel de axuda a gandeiros e agricultores en zonas desfavorecidas

O Senado acorda, co apoio do PSOE, defender na UE que a PAC manteña o nivel de axuda a gandeiros e agricultores en zonas desfavorecidas

O senador socialista asegura que se trata dunha moción “claramente insuficiente” e engade que “de pouco vale que o Goberno esixa á UE unha acción para o desenvolvemento destas zonas se logo desmantela as políticas agrarias e ambientais nos Orzamentos de 2012 e 2013 ou incumpre a Lei de Desenvolvemento Sustentable e Medio Rural”

A Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación aprobou unha moción do Grupo Popular emendada polo Grupo Socialista pola que se reclama ao Goberno que defenda no seo da Unión Europea que a nova Política Agraria Común (PAC) manteña o nivel de axudas aos agricultores e gandeiros das zonas máis desfavorecidas e de montaña.

O portavoz do PSOE e senador por Ourense, Miguel Fidalgo, mostrou o seu apoio á proposta aínda que puntualizou que se trata de “unha moción claramente insuficiente”. Fidalgo, que logrou incluír no texto da iniciativa que se engadisen aos gandeiros como beneficiarios destas axudas, destacou que o Goberno debería actuar en coherencia co que demanda á UE con respecto ás súas competencias propias e elaborar uns orzamentos que teñan en conta a este sector. Neste sentido, afirmou que “de pouco vale que esixa á UE unha acción para o desenvolvemento destas zonas se logo desmantela as políticas agrarias e ambientais nos Orzamentos Xerais de 2012 e 2013 ou incumpre unha lei en vigor como a Lei de Desenvolvemento Sustentable e Medio Rural”.

O parlamentario do PSOE denunciou que a dereita europea pretenda “recortar gravemente” os fondos e orzamentos no horizonte 2014-2020. Por iso, recalcou que o seu grupo “apoia o contido desta moción respecto de demandar a Europa que estas zonas en dificultades conten cos apoios que contaron até agora e mesmo que se melloren en épocas de recortes na UE”.

Miguel Fidalgo subliñou que non pode reducirse a dotación actual á PAC e tampouco os criterios que se utilizan para iso e insistiu en pedir coherencia ao Goberno para que manteña nos Orzamentos as dotacións necesarias para os programas que hai que cofinanciar con Europa. “Como lle pedimos a Europa mais fondos se non temos a coherencia de achegar os nosos propios fondos suficientes para levar a cabo dita cofinanciación””, preguntouse.

O senador galego, que tamén pediu ao Goberno que actúe para frear o drama que vive o sector do leite, concluíu detallando outros puntos da proposta finalmente aprobada na que se reclama ao Executivo que manteña os programas de desenvolvemento rural que contemplen medidas de indemnización compensatoria para as zonas desfavorecidas e de montaña co obxectivo de apoiar a renda dos agricultores e ao mesmo tempo darlle prioridade e maiores porcentaxes de axuda para os programas de investimento que supoñan un aumento de valor engadido da produción agrícola e forestal deste tipo de explotacións.

Tamén establece concienciar sobre a importancia dos ecosistemas de montaña e das actividades desenvolvidas polas poboacións que residen nelas, tanto en beneficio propio como en beneficio da sociedade no seu conxunto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar