O sectarismo do Goberno de Feijóo levou a unha lexislatura perdida en materia acuícola

O sectarismo do Goberno de Feijóo levou a unha lexislatura perdida en materia acuícola

O sectarismo do Goberno de Feijóo levou a unha lexislatura perdida en materia acuícola

As responsables de Pesca e Medio Ambiente do PSdeG, Marisol Soneira e Carmen Gallego, denunciaron que o Plan de Acuicultura do Goberno de Feijóo non é mais que “un anuncio mediático” para tentar tapar “o seu fracaso nesta materia que levou a que en tres anos non se fixese nin un só investimento”.

Así, a portavoz de Pesca no Parlamento de Galicia, Marisol Soneira, explicou que o plan que deixou feito o anterior Goberno socialista “contaba con 24 proxectos para a súa execución inmediata, con recursos para investir e cunha previsión de creación de postos de traballo”. Sinalou que a día de hoxe “todos eses proxectos quedaron sen executar porque as empresas trasladaronse ao exterior polo cambio de condicións que estableceu o Goberno de Feijóo”.

Apuntou que eses proxectos previstos co anterior plan “ocuparían entorno a tres millóns de metros cadrados cunha afectación en zonas de Rede Natura inferior ao 2%” - procedente das plantas xa construídas- polo que combinaría a protección medioambiental co desenvolvemento deste sector estratéxico e a creación de postos de traballo.

“Por puro sectarismo, o Goberno de Feijóo privou a Galicia dun investimento de mais de 390 millóns de euros, da creación de entorno aos 2.000 postos de traballo directo, e da posibilidade de ubicar as plantas sempre en terreos públicos, evitando así a especulación”, sinalou.

“Coa escusa de que este plan creaba inseguridade xurídica, o único que conseguiu o Goberno de Feijóo é paralizar o desenvolvemento da acuicultura en Galicia, xa que en tres anos no hai nin un metro cadrado de nova instalación nin un euro de investimento”, sentenciou Soneira.

Gallego e Soneira criticaron ademais que o plan presentado pola Xunta implicará que non poida haber plantas acuículas ata pasados dous ou tres anos, xa que “as empresas terán que obter unha licencia municipal, pero o 90% dos concellos do litoral non teñen plans de ordenación, e polo tanto terán que facer un plan sectorial, tramitalo, pedir permisos a costas, patrimonio, etc, e dotarse de infraestruturas, e en definitiva seguir unha tramitación farragosa”.

Lexislatura perdida
Por elo, Gallego incidiu en que o plan anunciado polo Goberno de Feijóo “o único que fai é tentar tapar o seu fracaso en materia acuícola e que chegue ao debate do Estado da Autonomía podendo dicir que ten un proxecto”.

“En realidade, esta foi unha lexislatura perdida en materia acuícola”, proclamou.

Destacou que o plan elaborado polo goberno socialista en 2008 “contaba con consenso e combinaba o desenvolvemento deste sector estratéxico coa protección medioambiental, e que o PP desbotouno polo seu afán revanchista”.

Criticou ademais que este plan “supón un retroceso á normativa do 2004, sen aportar ningún avance para a acuicultura nin para a protección do medio ambiente” e leva ademais a “desprestixiar” esta actividade.

Gallego defendeu que é posible o desenvolvemento da acuicultura de xeito sostible e lembrou que “en Galicia hai espazo suficiente para instalar granxas acuícolas sen invadir as zonas de especial protección”.

Cabo Touriñán
Respecto a Cabo Touriñán, Soneira destacou que o TS ven de confirmar nos pasados días que as decisións tomadas polo anterior Goberno eran correctas, e que a empresa que tiña previsto instalar unha planta acuícola nesta zona de especial protección non ten dereito a indemnización por danos.

Soneira e Gallego lembraron ademais que segundo os niveis de protección que contempla o novo plan do Goberno de Feijóo, a protección de Cabo Touriñán é de nivel 4, é dicir, de maior restricción para a instalación de plantas acuícolas. “Isto demostra que o que nos diciamos é certo, que a directiva comunitaria establece unha especial protección nesta zona, e que a posición do PP foi simplemente por oportunismo político”.

As socialistas demandaron “criterios obxectivos” para decidir as zonas de instalación en lugar de “criterios oportunistas”. “Iso se o señor Carlos Negreira quere, porque xa dixo que descarta piscifactorías en Seiruga, Merexo e Camelle, e nos preguntamos que valores medioambientais teñen estas zonas que sexan superiores a outras como Cabo Touriñán”, remachou Soneira.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar