O recorte orzamentario de Feijóo nos medicamentos de hepatite C puido provocar a lo menos tres falecementos

O recorte orzamentario de Feijóo nos medicamentos de hepatite C puido provocar a lo menos tres falecementos

Méndez Romeu Evaristo Varo Carmen AcuñaO Grupo Socialista levará ao Parlamento a situación provocada polo presunto bloqueo, por parte do Sergas, na prestación dos novos fármacos aos enfermos de hepatite C en Galicia en contra dos criterios fixados no ano 2014. Esta situación provocou o falecemento de a lo menos tres pacientes e suscitou un xuízo a instancias da Fiscalía.

Así o dixo a portavoz de Sanidade, Carmen Acuña, logo dun encontro co portavoz da organización Batas Blancas, Evaristo Varo, que impulsou a denuncia, no que tamén participou o portavoz socialista José Luis Méndez Romeu. Neste encontro analizaron a situación provocada polo bloqueo e retraso nos tratamentos durante un ano pola subcomisión encargada de decidir a prestación de medicamentos.

Esta situación provocou o falecemento de a lo menos 3 pacientes transplantados de fígado nos hospitais de Santiago de A Coruña, que sufriron retrasos de 6 e 7 meses na resposta, que chegou estando o paciente xa morto ou a piques de falecer, que noutro caso nin sequera se lle respondeu, e un cuarto que sobreviviu pero tivo que agardar 5 meses pola autorización da Consellería.

Os socialistas advertiron que estas son as consecuencias dos recortes aplicados polo goberno do PP na sanidade en toda España e especialmente en Galicia, tal e como explicou o coordinador da Comisión Sectorial de Sanidade do PSdeG-PSOE, Francisco Reyes, quen lembrou que por primeira vez en 80 anos a esperanza de vida media ten baixado en todo o Estado.

Os socialistas galegos tamén preguntarán polas eivas que persisten en canto aos tratamentos dos novos fármacos para a hepatite C, a pesares do recente Plan Nacional, e que teñen provocado o falecemento nun cárcere galego dun recluso enfermo de hepatite C ao que non se lle subministrara o tratamento.

Batas Blancas

O portavoz da organización Batas Blancas, Evaristo Varo, compareceu diante dos medios de comunicación logo da xuntanza para dar conta da denuncia enviada á Fiscalía, que suscitou unha investigación de 9 meses e a continuación a apertura dun xuízo nos xulgados de Santiago de Compostela.

Advertiu do risco de que estes catro casos detectados polo seu equipo médico sexan tan só “a punta do iceberg” e que moitos dos retrasos na prestación de fármacos provocados por trabas administrativas en contra do criterio da Axencia Española do Medicamento e do Ministerio de Sanidade non se teñan coñecido ata o momento.

Lembrou que outras comunidades autónomas, nomeadamente Andalucía, Valencia ou Castela León, con gobernos de distintas cores, na mesma etapa de existencia da subcomisión, si que teñen concedido os medicamentos en 15 días nos casos urxentes e 8 semanas nos non urxentes.

Advertiu de que a situación se teña provocado por meros “motivos económicos” para eludir un tratamento que no seu momento custáballe á administración en torno a 24.000 euros. Cualificou de “barbaridade” o retraso nos tratamentos en base a estes criterios e en contra de tódolos criterios médicos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar