O recorte do PP na loita contra a violencia de xénero reduce as denuncias das mulleres vítimas

O recorte do PP na loita contra a violencia de xénero reduce as denuncias das mulleres vítimas

O recorte do PP na loita contra a violencia de xénero reduce as denuncias das mulleres vítimas

A parlamentaria socialista no Congreso Laura Seara criticou os recortes nos orzamentos contra a violencia de xénero e a desaparición das campañas de sensibilización e prevención das prioridades dos gobernos do PP. Así o dixo nunha Andaina contra a Violencia de Xénero organizada polo PSdeG no concello de Piñor –Ourense- con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A responsable socialista acusou aos gobernos de Rajoy e de Feijóo de “levantar o pé do acelerador” na loita contra esta lacra, o que provoca unha diminución das denuncias presentadas polas vítimas, unha redución nas chamadas ao 016 e que “os asasinos e as vítimas sexan cada vez menores”. Lembrou así que, das 43 mulleres asasinadas no último ano, só 7 presentaron denuncia.

Sinalou que “isto é o que pasa cando se deixa de traballar neste sentido e se esquece que a loita contra a violencia de xénero ten que ser unha acción política permanente”. Explicou que as partidas contra a violencia de xénero diminuíron nun 27 por cento nos últimos orzamentos, mentres “estanse recortando fondos transferidos ás comunidades autónomas e aos concellos para a atención integral ás vítimas e aos seus fillos”.

Ademais advertiu que “desapareceron as campañas de sensibilización e prevención”, chegando ao punto que o goberno está utilizando actualmente “carteis preparados para as campañas dos gobernos socialistas hai un e dous anos”.

En definitiva, lamentou que “hoxe, 8 anos despois da aprobación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, en 2004, temos que volver saír ás rúas para reivindicar que deixen de recortar e que as políticas contra a violencia de xénero volvan á primeira páxina da axenda política do goberno”. Dixo que “si neste último ano retrocedemos décadas como cidadanía, as mulleres retrocederon mais, e as vítimas aínda mais”.

Seara explicou que os socialistas organizaron a xornada de hoxe escollendo un concello, como o de Piñor de Cea, como “pioneiro nas políticas de igualdade e da loita contra a violencia de xénero no rural”. Dixo que “queremos visibilizar unha lacra que é moito máis invisible no rural” para combater un problema que “ata hai dez anos permanecía pechada entre as catro paredes dos fogares familiares”.

Neste acto tamén participaron o alcalde de Piñor, Francisco Fraga, as portavoces de Igualdade na Executiva do PSdeG-PSOE e no Grupo Parlamentario, Carmen Cajide e Carmen Acuña, respectivamente, e diversos cargos públicos e orgánicos, que acompañaron ás en torno a 100 persoas que asistiron á andaina.

Ruptura coa submisión

A responsable de Igualdade da Executiva socialista, Carmen Cajide, chamou a “romper coa submisión das mulleres” a través de políticas de igualdade como primeiro paso para atacar o cerne da violencia machista. Lembrou que nos últimos dez anos foron asasinadas en Galicia 31 mulleres, “3 delas neste último ano”.

A nivel estatal, explicou, faleceron nunha década 659 mulleres, “unha media de 66 mulleres ao ano, co que unha muller foi asasinada en España a mans das súas parellas cada cinco días e medio”. Lembrou que esta lacra tamén supuxo o falecemento de 117 homes, xa que “o 25 por cento dos agresores acaban suicidándose”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar