O recorte de 10.000 millóns de euros é o tiro de gracia á sanidade e educación públicas

O recorte de 10.000 millóns de euros é o tiro de gracia á sanidade e educación públicas

O recorte de 10.000 millóns de euros é o tiro de gracia á sanidade e educación públicas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de manifestar a “preocupación dos socialistas galegos” polo novo escenario que se abre, onde o PP a nivel nacional, con Núñez Feijóo como cómplice necesario, acaba de darlle o “tiro de gracia” á Sanidade e á Educación Públicas.

O líder dos socialistas galegos anunciou a convocatoria urxente das Comisións Sectoriais de Sanidade e Educación, dos axentes sociais, e das plataformas de defensa de Educación e da Sanidade públicas para promover accións para a defensa das políticas sociais e para defender a Educación e Sanidade públicas.

http://www.refinancehomemortgagee.com/

Á Sanidade e Educación galegas vanlle faltar entre 700 e 800  millóns de euros, se finalmente se substancian estes anuncios de recorte e “non o imos consentir”, porque, afirma o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, “isto non é un problema económico, de mercados, é unha cuestión ideolóxica”. Os que prometeran non tocar a Sanidade e a Educación agora “tocan todo, especialmente a Sanidade e a Educación”, recrimina Pachi Vázquez aos populares.

O líder dos socialistas galegos reprocha á Xunta e ao seu presidente que estean “fuxidos”, sen asumir ningunha responsabilidade. Recorda que, nestes tres anos Feijóo recortoulle 1.200 millóns de euros á Educación e á Sanidade, aos que se poderían sumar agora entre 700 e 800 millóns máis, o que elevaría o recorte total a 2.000 millóns de euros en tres anos, so en Sanidade e Educación.

Recrimina a Rajoy e aos seu Goberno ter presentado este anuncio “por abaixo”. Para o Secretario Xeral dos socialistas galegos isto é unha mostra de que Rajoy “xa non camiña dando bandazos, senón que anda a gatas, arrastrándose”, e lamenta a “imaxe exterior” que dá o Executivo, “xerando desconfianza e incertidume”, con gran prexuízo para España e para Galicia.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar