O recorte das pensións afectará aínda máis ás economías familiares máis tocadas pola crise

O recorte das pensións afectará aínda máis ás economías familiares máis tocadas pola crise

O recorte das pensións afectará aínda máis ás economías familiares máis tocadas pola crise

A Secretaria de Organización Pilar Cancela, o Secretario de Economía, Xaime Barreiro, e os responsables provinciais do PSdeG reuníronse hoxe cos deputados e senadores dos socialistas galegos para analizar os Presupostos Xerais do Estado e perfilar as emendas que o PSdeG presentará ás contas do Estado para 2014 e cuxo prazo de presentación remata a semana que ven.

O deputado e Secretario de Relacións Institucionais, Guillermo Meijón, afirmou que a xuntanza serviu para “constatar que os Presupostos son pésimos para Galicia” e censurou a “manipulación e alto grado de cosmética” empregada polo Goberno e o Grupo popular para ocultar a realidade. Denunciou que, como ocorreu xa en 2013 a maioría das partidas xa se inflan coa idea de que queden sen executar, “non van ser obra real”, afirmou o parlamentario de Pontevedra.

Este feito, acumulado ós incumprimentos de exercicios anteriores, está a ocasionar atrasos nas grandes infraestruturas viarias e ferroviarias de Galicia.

Pero a maior preocupación dos socialistas galegos en relación ás contas do ano que ven para o Estado céntrase nos recortes sociais, Educación, Sanidade e Dependencia. Meijón salienta de maneira especial a repercusión sobre os pensionistas galegos do recorte de 5.000 millóns de euros que anunciou Rajoy. Galicia sae dobremente prexudicada, apunta Meijón, porque pola estrutura da súa sociedade, as retribucións dos pensionistas son, de media, as mais baixas do Estado, e “agora mesmo, e moitos casos o único ingreso familiar e en moitos máis o complemento que impide que as familias caian na pobreza”.

A reunión dos dirixentes socialistas serviu tamén para preparar o paquete de emendas que presentarán no Congreso e no Senado, “con obxecto de mellorar, na medida do posible, estes Presupostos”, dixo Guillermo Meijón. As agrupacións provinciais e locais e os grupos municipais xa comezaron a remitir as súas propostas para incorporalas ás emendas do PSdeG. O deputado socialista salienta que os dirixentes locais socialistas veñen constatando que as partidas contempladas no PXE “non responden ás necesidades” dos concellos galegos.

Os socialistas non albergan moitas esperanzas de que prosperen, porque o PP “sistematicamente rexeita as propostas da Oposición”, o deputado critica aos populares por permanecer refractarios aos acordos sobre os PXE, instalados “comodamente” na maioría absoluta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar