O PSOE suspendeu de militancia aos concelleiros de Ourense que incumpriron coas súas obrigas

O PSOE suspendeu de militancia aos concelleiros de Ourense que incumpriron coas súas obrigas

A dirección galega iniciará inmediatamente a instrución do expediente disciplinario para aplicarlles as medidas que correspondan

Ferraz volve a respaldar á dirección galega e adianta a suspensión de militancia antes de que en Galicia comece a instrución

O Secretario Xeral dos Socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que “o PSOE vén de decretar hoxe a suspensión de militancia ós concelleiros de Ourense” que incumpriron coas súas obrigas. En declaracións previas a un acto da Deputación de Lugo en Vilalba, o líder dos socialistas explicou que “despois do cumprido informe enviado a Ferraz” o pasado martes pola Secretaria de Organización, Pilar Cancela, “a Executiva Federal respalda o proceso levado a cabo pola Comisión Executiva galega”, e hoxe mesmo suspendeu de militancia ós 5 concelleiros ourensáns. Os afectados son Antonio Rodríguez Penín, Susana Bayo, Alfonso Vilachá, Mónica Vázquez e María Devesa.

Inmediatamente a dirección galega do PSdeG iniciará a instrución do expediente que vai permitir aplicar as medidas disciplinarias correspondentes debido ós reiterados incumprimentos que foron documentados. “Con independencia de como derive en canto a medidas disciplinarias ese expediente, xa lles podo dicir que desde hoxe están suspendidos eses cinco concelleiros ós que se lles comunicará por parte da dirección”, afirmou Gómez Besteiro.

Segundo a normativa orgánica, existía a posibilidade de instruír o expediente disciplinario sen suspender de militancia ós concelleiros pero a dirección do partido, respaldando de novo á Executiva galega, optou xa por suspendelos previamente da súa condición de militantes.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. manuel rivera rpdríguez
    Xaneiro 30, 2014 a 15:53

    Paréceme moi mal que sexan suspendidos de militancia sin ser escoitados cada un deles para que poideran defenderse. Traerá moi malas consecuencias para todo o partido en Galicia e seguramente a nivel federal tamén

Deixar a resposta

Pechar