O PSOE reprocha, unha vez máis, a exclusión do porto de Vigo da rede europea de portos nodais

O PSOE reprocha, unha vez máis, a exclusión do porto de Vigo da rede europea de portos nodais

O PSOE reprocha, unha vez máis, a exclusión do porto de Vigo da rede europea de portos nodais

A deputada Carmela Silva asegura que "os socialistas vigueses seguiremos loitando para que o porto de Vigo teña o trato que merece e se inclúa na rede de portos nodais"

O Presidente de Portos recoñeceu en sede parlamentaria que o porto de Vigo debería estar

A deputada socialista viguesa Carmela Silva pon en valor que o PSOE defendeu esta mañá unha vez máis -na comparecencia do Presidente de Portos do Estado no Congreso- que o porto de Vigo sexa incluído como porto nodal na rede europea de portos nodais.

Silva sinala que "o porto de Vigo é estratéxico en España, pois é primeiro porto pesqueiro de Europa, porto natural de abrigo e referencia para as rutas procedentes de América,".

Por iso, incide en que "o porto de Vigo posúe as características axeitadas para pertencer á rede europea de portos nodais e así débese defender dende o ministerio de Fomento".

"Tanto é así -remarca Silva- que o propio presidente de Portos do Estado recoñeceu esta mañá en sede parlamentaria, na súa comparecencia na comisión de Fomento do Congreso, que o porto de Vigo debería estar,".

Deste modo, a deputada socialista viguesa reclama que "o Goberno debe defender a Vigo para reconducir a decisión errónea de excluílo como porto nodal"

"Esta situación -considera- é inadmisible e é absolutamente prexudicial para a economía de Vigo e a súa área de influencia". Por iso, sinala que "os socialistas vigueses, galegos e europeos seguimos traballando para emendar ese erro e conseguir que o porto de Vigo teña o trato que merece".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar