O PSOE reclama modificacións lexislativas para que a asistencia sanitaria sexa "un dereito universal de cidadanía e residencia"

O PSOE reclama modificacións lexislativas para que a asistencia sanitaria sexa "un dereito universal de cidadanía e residencia"

O PSOE reclama modificacións lexislativas para que a asistencia sanitaria sexa "un dereito universal de cidadanía e residencia"

A deputada no Congreso Margarita Pérez Herráiz presentou esta mañá unha proposición non de lei que os socialistas veñen de rexistrar na Cámara Baixa na que instan ao Goberno de Rajoy a realizar “as modificacións lexislativas necesarias” para que a asistencia sanitaria sexa un dereito universal de facto, recoñecido “pola condición de cidadanía e de residencia”, dacordo co previsto na Lei Xeral de Sanidade. Ese dereito non debe estar condicionado, como sucede na práctica, a que unha persoa teña que acreditar que conta contrato laboral, que é familiar dependente dunha persoa que o ten, ou que carece de recursos, para que ese dereito sexa recoñecido a través do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Pérez Herráiz destaca que “hai contradiccións entre o que din diferentes leis” e “existe un discurso político universalista e igualitario” cando en realidade hai “unha práctica que o nega”. A socialista puxo como exemplos as situacións dos inmigrantes ou dos funcionarios e grandes empresas que teñen un convenio especial ou un sistema específico, cunha forma diferente de prestación da atención. “Aínda que toda a poboación española tivese asistencia sanitaria, queda unha pequena porcentaxe de persoas á marxe, e non se estaría cumprindo o previsto na Lei Xeral de que o sistema sanitario sexa único, universal e financiado por impostos”, é dicir, engade a socialista, “que sexa na práctica un dereito de cidadanía”.

Segundo a deputada, o actual sistema, con diferentes formas de acceso a este dereito, “non é coherente, non é xusto e non é eficiente”, e o papel da Seguridade Social, o Ministerio de Sanidade e as Comunidades Autónomas “é confuso”. A socialista lembra que a Lei de Saúde Pública de 2011 “deu un paso máis cara a universalización” que o actual Goberno do PP “debería ter desenrolado”, pero en lugar diso “volveu definir a condición de asegurado, cos requisitos para selo e os convenios especiais con cuotas”. Todo isto sen ter modificado a Lei Xeral de Sanidade nin o discurso, o que supón “unha gran contradicción na que se continúa insistindo”. Por todo isto, os socialistas reclaman que se resolva a incoherencia. “Nós non queremos nin cambiar os principios da Lei Xeral de Sanidade nin o discurso de universalidade, queremos que sexan efectivos para todas as persoas, coherentes cun financiamento a través de impostos, e que por tanto o dereito á asistencia sanitaria sexa un dereito de cidadanía e residencia”, afirma Pérez Herráiz.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar