O PSOE pregunta cantos científicos se verán afectados polo recorte do 25% en Ciencia

O PSOE pregunta cantos científicos se verán afectados polo recorte do 25% en Ciencia

O PSOE pregunta cantos científicos se verán afectados polo recorte do 25% en Ciencia

Comparecencia sobre o Orzamento Xeral do Estado para 2012 da secretaria de Estado de I+D+i

Miguel Cortizo, portavoz socialista, di que co investimento previsto “será imposible xera coñecemento como para impulsar un cambio de modelo produtivo”

Miguel Cortizo, portavoz de I+D+i do Grupo Parlamentario Socialista, preguntou á secretaria de Estado polo impacto que terán os recortes orzamentarios sobre os científicos que traballan nos distintos proxectos da I+D+i civil. Foi durante unha das comparecencias de altos cargos do Goberno para explicar os Orzamentos Xerais do Estado (PXE) para 2012 e a secretaria de Estado non contestou á pregunta do deputado socialista.

Cortizo dixo que durante os últimos anos a progresión do investimento en I+D+i conseguira unha participación porcentual no Produto Interior Bruto (PIB) “empezaba a ser satisfactoria e empezabamos a superar un dos fosos enormes que nos separaban dos países da nosa contorna aos que queriamos parecernos nese aspecto”. A continuación, o deputado subliñou que lamentablemente esa tendencia “rompe dunha forma brutal co recorte do 25% do orzamento para ciencia”. Tamén lembrou que a porcentaxe de investimento de I+D+i no PXE de 2011 supuña o 2”4 do total e no proxecto de 2012 rebáixase ao 1”8.

Ademais, o portavoz socialista explicou que a evolución de persoas traballando no I+D+i incrementáranse positivamente desde fai un tempo e conducira á multiplicación da produción científica, da calidade da mesma, do aumento da internacionalización da ciencia española e preguntou “que vai significar, en canto ao número de persoas traballando en I+D+i, o recorte da cuarta parte da asignación orzamentaria? Cantos mozos investigadores van ser expulsados do sistema de ciencia e tecnoloxía?”.
Esta diminución de tamaño carrexará “a imposibilidade de cambiar o modelo de crecemento actual, do fracaso do ladrillo a un modelo baseado no coñecemento, na filosofía da Lei da Ciencia que fixa, con apoio de todos os grupos desta cámara, o obxectivo. Os expertos, desinteresados ou non, consideran que con esta tendencia de investimento de I+D+i non é posible xerar coñecemento suficiente como para producir coñecemento necesario para cambiar o modelo produtivo”.

E como queira que estes interrogantes os suscitado tamén mesa colectivos do sector, como a Conferencia de reitores e todas as sociedades de investigación, “incluída algunha que vostede presidiu”, o portavoz socialista sinalou que se estes colectivos “están equivocados, ven pantasmas ou acenden alarmas que non debesen iluminarse, non me queda máis remedio que preguntarlle: cre que o plan de I+D+i suporá unha perda directa de postos de traballo cualificados, que se producirá unha fuga de cerebros e que impactará en proxectos ou en grupos de traballo? Cre vostede que, nalgunha medida, a competitividade das empresas españois depende do investimento en I+D+i?”

Para concluír, Cortizo asegurou que os países que mellor están a resistir a situación económica son aqueles que invisten por encima da media europea en I+D+i, mesmo en momentos de recesión, “será que eles están equivocados e España non?”. O deputado non obtivo resposta, só que con menos farán máis.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar