O PSOE pide que comparezan no Congreso o Ministro de Interior e o Director Xeral da Policía pola carga policial contra mariñeiros fronte ao Parlamento de Galicia

O PSOE pide que comparezan no Congreso o Ministro de Interior e o Director Xeral da Policía pola carga policial contra mariñeiros fronte ao Parlamento de Galicia

O PSOE pide que comparezan no Congreso o Ministro de Interior e o Director Xeral da Policía pola carga policial contra mariñeiros fronte ao Parlamento de Galicia

O coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Guillermo Meijón, sinala o incremento de presenza policial que se vén notando nas diferentes manifestacións pacíficas contra medidas aprobadas polo Goberno

Lamenta que "isto nos recorda a aquilo da transición de 'disólvanse en grupos dun' ou a volta a 'a rúa é miña' de Fraga"

A instancias dos deputados socialistas galegos, o Grupo Socialista pedirá a comparecencia no Congreso do Ministro de Interior e do Director Xeneral da Policía "para que expliquen os sucesos acaecidos no día de hoxe relativos á carga policial, cualificada de batalla campal polos medios de comunicación, contra os mariñeiros de cerco que se estaban a manifestar nas inmediacións do Parlamento de Galicia, así como o seu comportamento no trato dado aos alcaldes que se manifestaban en contra da suba do canon de SOGAMA,"

Así mesmo, o coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Guillermo Meijón, anunciou a presentación dunha pregunta oral ao Goberno para que explique en sede parlamentaria como valora estes sucesos.

Meijón critica que "o ministro de Interior parece gozar obsequiándonos cada poucos días con suscesos que parecen máis propios de épocas que parecían esquecidas". Neste sentido, engade que "isto nos recorda a aquilo da transición de 'disólvanse en grupos dun' ou o de 'a rúa é miña' de Fraga.

Por iso, os socialistas galegos consideran necesario que tanto o Ministro de Interior coma o Director Xeral da Policía expliquen no Congreso "que é o que hoxe sucedeu nas inmediacións do Parlamento de Galicia". Así mesmo, opinan que o Delegado do Goberno en Galicia debese do mesmo modo ofrecer explicacións sobre a carga policial.

Meijón defendeu o dereito de liberdade de expresión e o dereito de manifestación que teñen os cidadáns ante o seu malestar polas medidas adoptadas polo Goberno e criticou "os excesivos despregamentos policiais que estamos a ver nos últimos tempos e que en nada se corresponden co carácter pacífico das manifestacións, como as protagonizadas en datas recentes polos estudantes ou a última contra a reforma do aborto que pretende perpretar o Goberno de Rajoy". Así, recorda a carga policial do pasado 20 de febreiro contra os estudantes en Vigo.

Ao seu xuízo, "esta excesiva presenza policial podería responder" a un interese do Goberno de lastrar as pacíficas manifestacións dos cidadáns cun ambiente hostil co fin de enturbar as protestas" "contra as medidas que adopta o Executivo".

Así mesmo, Meijón reproba o "denigrante" trato policial que sufriron hoxe alcaldes que se manifestaban hoxe ante o Parlamento de Galicia contra a suba do canon do lixo.

"Parece que esta é a batuta coa que a Fernández Díaz lle gusta interpretar a Lei de Seguridade Cidadá" -lamenta- e apunta que "non" é esta a primeira vez que a política de interior do Goberno de Rajoy está en interdito".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar