O PSOE pide ao Goberno que fomente a prevención e extinción de incendios pola seca metereolóxica

O PSOE pide ao Goberno que fomente a prevención e extinción de incendios pola seca metereolóxica

O PSOE pide ao Goberno que fomente a prevención e extinción de incendios pola seca metereolóxica

A deputada socialista ourensana Laura Seara rexistrou no Congreso unha pregunta oral ao Ministro Arias Cañete coa que solicita que, "tendo en conta as inusuais temperaturas e a seca á que nos enfrontamos este ano, é necesario reforzar as medidas de prevención e de extinción dos incendios forestais en Galicia, particularmente na provincia máis afectada ano tras ano, Ourense,"

Seara recorda que "os últimos días de febreiro foron especialmente duros para o monte na provincia de Ourense". Así, sinala que o 28 de febreiro sete incendios forestais queimaron case 1000 hectáreas nos Concellos de Vilariño de Conso, A Veiga, a Gudiña, San Xoán de Río, A Mesquita, Castrelo de Val e Chandrexa de Queixa. "Todos eles en zonas de gran riqueza forestal e ambiental, que ademais xa sufriron en pasadas campañas os danos do lume" -sostén.

Os recentes incendios en varias provincias e a alerta da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMT) de que España está a entrar nun período de seca metereológica motivan unha Proposición non de lei sobre prevención e extinción de incendios que o Grupo Parlamentario Socialista presentou hoxe no Rexistro do Congreso dos Deputados para o seu debate no Pleno da Cámara.

A proposición recoñece que a competencia na xestión dos incendios forestais corresponde ás comunidades autónomas, pero matiza que o Estado conserva atribucións, entre outras, en materia de lexislación básica, achega de medios materiais e persoais de reforzo en materia de prevención e extinción de incendios ou de loita contra a deforestación.

En sintonía con estas atribució

ns, a iniciativa socialista di que é "imprescindible que o Goberno encare con urxencia esta situación" e que active, canto antes, "os protocolos de actuación contra a seca, que se impulsen os medios de prevención e extinción de incendios que dependen do Goberno da nación e que asuma a función de coordinación da actuación das CCAA nesta materia,".
Así mesmo, a proposta recalca que estamos ante unha situación excepcional da que son exemplos os incendios de nos Pireneos de Huesca, Lleida e Girona, así como nas provincias de de Lugo e León e que supuxo xa 13.541 hectáreas queimadas, un 93,25% de superficie máis que no mesmo exercicio do ano pasado.

Ante esta situación, o GPS insta o Goberno a que "fomente e impulse unha política pública de prevención e de extinción de incendios forestais. En especial a:
1.- Reunir, á maior brevidade, o Comité Estatal de Coordinación de Incendios Forestais (CECO) co fin de actualizar a información dispoñible, seguir o desenvolvemento dos incendios e administrar medios e recursos.
2.- Activar, de forma inmediata, os correspondentes protocolos e plans de prevención e loita contra incendios.
3.- Reunir, de forma inmediata, as Comunidades Autónomas para coordinar a actuación das administracións públicas en materia de prevención e extinción de incendios.
4.- Incrementar, de forma decidida e non temporal, e con recursos económicos abondo, a achega estatal en medios materiais e persoais para a prevención e extinción de incendios. Especialmente:
. Os medios aéreos e terrestres de cobertura nacional, e as partidas presupostarias destinadas, nos distintos departamentos ministeriais, á prevención de incendios.
. O persoal dependente da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, as Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais dependentes do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, así como a Unidade Militar de Emerxencias, dependente do Ministerio de Defensa.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar