O PSOE lamenta a aprobación do proxecto de lei que impedirá a moitos agricultores elixir os seus representantes

O PSOE lamenta a aprobación do proxecto de lei que impedirá a moitos agricultores elixir os seus representantes

O PSOE lamenta a aprobación do proxecto de lei que impedirá a moitos agricultores elixir os seus representantes

Seara advirte que moitos agricultores de Galicia e Castela e León non poderán votar mentres que a nova lei permitirá que voten persoas que non son agricultores e mesmo a Igrexa Católica

O Goberno formula unha consulta que non ten nivel xurídico para asignar a representatividade do sector agrario

Pídelle a Cañete que escoite os pescadores de cerco: non son vándalos, son traballadores heroicos" dixo Seara

O PSOE lamenta a aprobación hoxe no Pleno do Congreso do Proxecto de Lei do Goberno sobre o procedemento de representatividade das organizacións profesionais agrarias; un proxecto de lei ao que o grupo socialista presentou, e defendeu hoxe no Pleno, unha emenda á totalidade de devolución.

A deputada socialista ourensá Laura Seara -que interveu durante o debate como voceiro socialista- criticou que o Proxecto de Lei do Goberno substitúe as eleccións para elixir os representantes agrarios por unha simple consulta.

"Esta consulta -sostivo a deputada socialista- non ten o nivel xurídico para asignar a representatividade do sector agrario, que debería estar amparada por un verdadeiro proceso electoral amparado á súa vez pola lei electoral,". "Como un xogo de trileros -lle espetou Seara ao ministro Cañete- faino para sortear a lei electoral que garantiría un proceso xusto e democrático".

A voceira socialista advertiu que "o procedemento que establece o proxecto de Lei provocará que moitos agricultores de CCAA como Galicia e Castela e León non poderán votar e que permitirá que si o fagan persoas que non son agricultores, como notarios, axencias inmmobiliarias, e mesmo a Igrexa Católica". Iso sería así, explicou, "porque pretenden incluír a todos os que cobren máis de 3.000 euros pola política agraria común". Ademais, sinalou que "é unha barbaridade que só haxa unha mesa electoral por provincia e algunha outra co límite de 1.400 votantes por mesa

Así mesmo, apuntou que "esta é unha Lei que nace sen o máis mínimo consenso e á que as organizacións que representan ao medio rural xa expresaron o seu rexeitamento frontal nas comparecencias no Congreso". Ademais, reprochou que o Goberno non levou o texto do Proxecto de Lei para que o informe o Consello de Estado e o Consello Económico e Social.

Pola contra, recordou que "a lei que existe actualmente foi apoiada pola inmensa maioría do sector, aprobada por unha gran maioría parlamentaria incluído o PP, consensuada en termos sociais e políticos, e que recoñece as organizacións máis representativas no ámtbito estatal ao tempo que é compatible coa realidade autonómica".

Tamén ten rerprobado a creación do novo órgano consultivo, o Consello Agrario, para substituír o actual Comité Asesor Agrario. Este novo modelo -afirmou- choca co actual no que se establece unha representación paritaria entre os representantes da administración e os representantes das organizacións profesionais agrarias de forma igualitaria.

A deputada socialista ourensana realizou durante a súa intervención unha mención especial aos mariñeiros galegos que perderon a súa vida hai dous días fronte ás costas do cantábrico e pediulle a Cañete "que escoite os mariñeiros galegos do cerco e que non lles aporreen como fixeron o martes ante o Parlamento de Galicia". "Son pais e nais defendendo o pan dos seus fillos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar