O PSOE esixe no Congreso o AVE a Galicia con plenas características de alta velocidade en toda a liña, no prazo comprometido e con vía dobre en todo o trazado

O PSOE esixe no Congreso o AVE a Galicia con plenas características de alta velocidade en toda a liña, no prazo comprometido e con vía dobre en todo o trazado

O PSOE esixe no Congreso o AVE a Galicia con plenas características de alta velocidade en toda a liña, no prazo comprometido e con vía dobre en todo o trazado

Esixen ademais que se adxudiquen xa os contratos licitados en 2011 mediante colaboración público-privada, para asegurar a construción e posta en servizo da AVE dende o primeiro momento con dobre vía na integridade do trazado

Se non adxudican os devanditos contratos, piden que se liciten e adxudiquen novos contratos coa totalidade das obras e con dobre vía en todo o trazado

Os deputados socialistas galegos e os deputados socialistas castelán-leoneses no Congreso uníronse para pedir ao Goberno cunha Proposición non de Lei "que garanta a construción e posta en servizo da LAV Madrid-Galicia con plenas características de alta velocidade na súa integridade, tal e como foi planificada e contratada, blindando a súa construción e posta en servizo dende o primeiro momento en dobre vía na integridade do seu trazado e nos prazos comprometidos".

A semana pasada, distintos medios de comunicación galegos, citando fontes de ADIF, fixéronse eco de noticias que constatarían a vontade do Goberno de non acometer a construción da AVE Madrid-Galicia en dobre vía. Segundo estas noticias, o Ministerio de Fomento ordenou montar en vía única 65 quilómetros dos 96 entre Olmedo e Zamora e estaría a estudar a instalación tamén en vía única de distintos tramos entre Zamora e Ourense. Ademais, o Ministerio de Facenda tería vetado a contratación dos contratos de colaboración público-privada pendentes nesta liña.

Estas informacións veñen a corroborar a advertencia realizada o pasado xuño polos deputados socialistas galegos respecto ás "intencións ocultas" do Goberno de modificar o proxecto de alta velocidade a Galicia cambiando a dobre vía prevista por vía única, tal e como recollía un informe de ADIF co logo de Fomento. "Entón -apuntan os socialistas galegos- ADIF negou a validez do documento pero agora de novo confírmanse as mentiras de Fomento respecto á AVE a Galicia".

Por iso, os deputados socialistas galegos pediron hai uns días a comparecencia da ministra Pastor e do Presidente de ADIf no Congreso "para que expliquen dunha vez as verdadeiras intencións do Goberno respecto á AVE a Galicia e aclaren se este terá características plenas de alta velocidade ou será unha liña de segunda"

Agora, os deputados de Galicia e de Castela e León do PSOE suman forzas e rexistraron no Congreso esta Proposición non de Lei para asegurar que a AVE a Galicia teña plenas características de alta velocidade con dobre vía na integridade do seu trazado.

Con esta iniciativa parlamentaria, os socialistas piden instan tamén ao Goberno "a adxudicar á maior brevidade os lotes pendentes dos contratos licitados en maio de 2011 pola vía da colaboración público-privada na liña Madrid-Galicia para asegurar a súa construción e posta en servizo dende o primeiro momento en dobre vía na integridade do seu trazado". En caso de non se adxudicar estes contratos, piden "licitar e adxudicar á maior brevidade as obras recollidas nos contratos de colaboración público-privada pendentes de adxudicación, garantindo nos novos contratos a construción e posta en servizo da liña de alta velocidade Madrid-Galicia dende o primeiro momento en dobre vía na integridade do seu trazado.

Os deputados socialistas recordan que foi o Goberno Socialista quen en 2009 modificou os trazados entre Lubián e Ourense para adecualos á alta velocidade e quen deseñou a fórmula de colaboración público-privada para superar os obstáculos de financiamento e poder así dispoñer dunha AVE de primeira. O compromiso do Goberno Socialista demostrouse nos máis de 9.000 millóns de euros executados en Galicia e Castela e León, que permitiron poñer en servizo as liñas Madrid-Valladolid e A Coruña-Santiago-Ourense.

Dende entón, sinalan que o PP se limitou a licitar e executar as obras planificadas polo Goberno Socialista e que, respecto aos contratos de colaboración público-privada, só dous foron adxudicados, estando pendentes todos os demais.

Os PGE 2014 só engadiron máis dúbidas á execución da liña, dado que o Goberno presupostou en Castela e León case un 26% menos de investimento que en 2013 e case un 60% menos dos programado. En Galicia, Fomento constatou que non executará o 30% do presuposto deste ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar