O PSOE esixe no Congreso a retirada do Plan Estratéxico de Navantia e negociar un Plan de viabilidade cos traballadores para garantir a continuidade de todos os centros

O PSOE esixe no Congreso a retirada do Plan Estratéxico de Navantia e negociar un Plan de viabilidade cos traballadores para garantir a continuidade de todos os centros

O PSOE esixe no Congreso a retirada do Plan Estratéxico de Navantia e negociar un Plan de viabilidade cos traballadores para garantir a continuidade de todos os centros

Os deputados galegos Paloma Rodríguez e Guillermo Meijón, e o deputado por Cádiz Manuel Chaves, presentaron a Proposición non de Lei

Paloma Rodríguez e Guillermo Meijón critican a "incompetencia e incoherencia do PP que vén dende Galicia a Madrid a pedir a retirada do Plan Estratéxico pero no Parlamento de Galicia vota o contrario"

Os deputados socialistas galegos e os deputados socialistas gaditanos rexistraron no Congreso unha Proposición non de Lei coa que esixen ao Goberno "retirar de forma inmediata o Plan Estratéxico de Navantia e negociar un Plan de viabilidade para a empresa coas e os traballadores e o arco parlamentario de forma que se garanta a continuidade de todos os centros de Navantia e dos postos de traballo suxeitos a convenio".

Con esta Proposición non de Lei, o PSOE pide así mesmo que o Ministerio de Defensa incremente a carga de traballo para os estaleiros públicos, que se realicen as actuacións necesarias para reverter o contrato de Gas Natural e que os gaseiros se realicen nos estaleiros de Navantia, así como establecer a máxima implicación dos Ministerios competentes e dende a Presidencia de Goberno para pechar as relacións comerciais iniciadas. Ademais, solicita que se esixan as responsabilidades políticas da cúpula directiva de Navantia e SEPI.

En rolda de prensa os deputados socialistas galegos, Paloma Rodríguez e Guillermo Meijón, esixiron a retirada inmediata do Plan Estratéxico de Navantia porque, segundo sinalaron, "non" se pode facer un plan de viabilidade de costas ás persoas directamente afectadas, os traballadores, e sen contar co arco parlamentario".

Así mesmo, criticaron "a incompetencia e pasividade do Goberno do Estado e do presidente da Xunta, Feijóo, para dotar de carga de traballo aos estaleiros públicos", así como a "incoherencia, as contradicións, os enganos e os incumprimentos reiterados do Goberno do PP tanto a nivel nacional como autonómico".

Neste sentido, cualificaron de "pantomima, que alcaldes e cargos do PP, como o alcalde de Ferrol, viaxasen a Madrid para intentar paralizar o Plan Estratéxico cunha mobilización coa que o PP reclama a "os seus contratados", os directivos de SEPI e Navantia, que paralicen un Plan que o Goberno, tamén do PP, lles Lle mandou facer" suman "a incoherencia total e absoluta de que o PP vinga dende Galicia a Madrid a pedir a retirada do Plan Estratéxico pero onte no Parlamento de Galicia o PP votou en contra de paralizalo. "Feijoo é cómplice necesario de Rajoy" -incidiron.

Así, segundo sinalou a deputada ferrolá Rodríguez "os estaleiros están entre dous lumes, do PP, e cunha incompetencia que está a producir unha sangría constante e demoledora no estaleiro de Ferrol". "Montoro pediu no Congreso tranquilidade aos galegos, ferroláns e andaluces pero o luns saíu o último barco e levouse 600 postos de traballo nun día". "Coas nefastas políticas comerciais do PP, as poboacións afectadas empobrécense e xa é case o mesmo o n.º de persoas desempregadas que o de ocupadas; no caso de Ferrol, xa o supera" -lamentou.

Respecto aos gaseiros, reprobaron "a incompetencia da empresa, que non enviou a documentación necesaria para os concursos,". Ademais, os deputados galegos indicaron que aínda que se abrisen máis de 100 relacións comerciais ningunha serve se non se asegura de forma inmediata carga de traballo para os estaleiros "porque non pode haber plan de futuro se non se ten presente"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar