O PSOE defende no Congreso que os agricultores poidan votar para elixir os seus representantes agrarios

O PSOE defende no Congreso que os agricultores poidan votar para elixir os seus representantes agrarios

O PSOE defende no Congreso que os agricultores poidan votar para elixir os seus representantes agrarios

Critica que o ministerio de Agricultura formula na lei que o proceso sexa unha mera consulta

"A lei vai poñérllelo moi difícil aos agricultores que non estean en zonas de gran concentración agraria"

Na Comisión de Agricultura do Congreso dos Deputados, comeza a tramitación parlamentaria do Proxecto de Lei polo que se regula o procedemento para a determinación da representatividade das organizacións profesionais agrarias e créase o Consello Agrario.

A deputada socialista ourensá Laura Seara -que será relator da Lei durante todo o trámite parlamentario desta- sinala que "esta lei vai poñerllo moi difícil a todos aqueles agricultores que non estean en zonas de gran concentración agraria".

Por iso, indica que "esta é unha lei moi contestada polas propias organizacións".

Así, explica que "a lei establece unhas eleccións para medir a representatividade agraria" e por iso defende que "deberían votar os profesionais do sector".

Non obstante, critica que "o ministerio de Agricultura formula na lei que este proceso sexa unha mera consulta para evitar a lei xeral electoral e as garantías que esta ofrece".

Seara sostén "a importancia deste proceso, porque servirá para medir a representatividade das organizacións profesionais, conformar órganos de interlocución como o Consello agrario e repartir recursos públicos e o patrimonio destas organizacións".

A deputada advirte ademais que, tal e como elaborou o Goberno o borrador desta Lei, "poderían votar persoas que non son agricultores realmente", dado que o ministerio pretende incluír a todos os que cobren máis de 3.000 euros da Política Agraria Común (PAC).

"Para o PSOE -afirma- é fundamental que esta lei conte co consenso de todas as organizacións agrarias". "Este consenso agora non se produce" -remarca.

Por iso, asegura que "os socialistas esperamos que, durante o trámite parlamentario, esta Lei mellore pero ademais cambie substancialmente o espírito desta".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar