O PSOE CONSEGUE AVANZAR CARA “MEDIDAS DE ABRIGO CONTUNDENTES” NO PORTO DE CORCUBIÓN PARA CUBRIR “NECESIDADES BÁSICAS”

O PSOE CONSEGUE AVANZAR CARA “MEDIDAS DE ABRIGO CONTUNDENTES” NO PORTO DE CORCUBIÓN PARA CUBRIR  “NECESIDADES BÁSICAS”

O PSOE CONSEGUE AVANZAR CARA “MEDIDAS DE ABRIGO CONTUNDENTES” NO PORTO DE CORCUBIÓN PARA CUBRIR “NECESIDADES BÁSICAS”

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 17. A deputada socialista María Dolores Toja Suárez presentou esta mañá unha Proposición non de Lei para reclamar ó goberno galego “medidas de abrigo contundentes” para cubrir “puras necesidades básicas” dos mariñeiros da Costa da Morte. Unha proposta que foi aprobada de maneira unánime polo Parlamento de Galicia.

Toja sinalou a existencia dunha “gran preocupación” no sector, especialmente no Porto de Corcubión, que acolle a profesionais de toda unha comarca que ante a falta de seguridade laboral “se desangra demográficamente”.

Por este motivo reclamou á Xunta a unha solución, criticando os numerosos afundamentos nos últimos anos que levaron a moitos mariñeiros a ter “máis embarcacións nas hortas que no porto”.

Unha medida que non só melloraría a seguridade laboral do sector, senón que axudaría a “fixar poboación” nunha zona na que o censo disminuiu en máis de 5500 persoas dende o ano 2011.

Grazas á proposta socialista o Parlamento aprobou axilizar os traballos no Porto de Corcubión, na procura das solucións necesarias para paliar a situación de inseguridade e ofrecer ós mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio fiable e axeitado.

 

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento de Galicia insta ó Goberno galego a que, á vista da situación de risco que se produce no porto de Corcubión, profundice urxentemente nas medidas necesarias para paliar a situación de inseguridade dos mariñeiros e as súas embarcacións, proporcionándolles un refuxio fiable e adecuado”.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar