O PSdeG voltará a denunciar no Parlamento a caótica situación das urxencias do CHUOU

O PSdeG voltará a denunciar no Parlamento a caótica situación das urxencias do CHUOU

O PSdeG voltará a denunciar no Parlamento a caótica situación das urxencias do CHUOU

A deputada María del Carmen Acuña lamenta que “unha vez máis sexan os pacientes os que sofren e paguen a mala xestión do PP”, e que “de novo e pese a non haber picos de ningunha patoloxía, o servizo de Urxencias sexa noticia en todos os xornais”.

Recorda que a situación do servizo de urxencias do Chuou foi denunciada polos socialistas en varias ocasións sen que a xerencia lle puxera solucións .

Lamenta que o PP se limitara ante a estas denuncias a matar ao mensaxeiro, “nos acusaron de alarmistas, de estar politizando a sanidade ourensá igual que pretenden facer agora, que ante a denuncia dos traballadores din que son problemas laborais”.

“O triste é que mentres tanto os pacientes sofren as consecuencias dunha xestión caótica que provoca unha situación indigna e intolerable”, sinala.

Acuña avanza que estas denuncias manifestadas polos traballadores do complexo hospitalario ourensán serán obxecto de distintas preguntas dos socialistas na Cámara galega.

“En materia sanitaria Ourense só é noticia pola merma da calidade dos servizos ou polo peche de hospitais”, sinala, “e nos preocupa que poida haber pacientes sen ingresar durante 48 horas que despois acaban na UCI, segundo afirman os propios profesionais sanitarios”.

Neste sentido preguntará por este “afán de vaciar o hospital”, cando ademais este ano non houbo picos de patoloxías típicas do inverno, como a gripe. “Non se pode entender que mentres o hospital está vacío os enfermos estean tirados nos pasillos, ou que os manden para a súa casa por non poder encher as camas”, engade.

“Se os enfermos que hai en urxencias non se ingresan tal vez por austeridade extrema da señora Eloína Núñez, que estará a pasar coas intervencións quirúrxicas programadas”, se pregunta, “pois seguro que tampouco se están operando para non ter que ingresalos”. Por último, afirma que “iso terá que reflexarse nas listas de espera, salvo que como sempre as maquillen e as manipulen para ocultalo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar